De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Praga
Praga foi o meu principal destino nestas derradeiras vacacións, nas que fomos a visitar a uns amigos que viven alí: mil grazas unha vez máis, Sasa e Óscar, por acollernos na vosa casa e facernos de "cicerones" non só pola cidade, senón tamén polos seus arredores (inesquecíbel a visita ó campo de concentración de Terezín, por exemplo). Moitos de vós xa teredes visitado esa fermosa cidade, na que, se bota de máis ós turistas (vale, xa sei que eu tamén o son, pero cando se coincide con tantos é case imposíbel disfrutar das cousas, ¿ou non?) e de menos os pinchos. Porque bares e tabernas hai dabondo, e a cervexa é ben boa.

Nada nos sentaba mellor que unha cervexa ben fresquiña despois dun día de paseo polas rúas de Praga (ou de Plzen ou Olomouc, por exemplo, cidades que tamén visitamos), ainda que lle faltase ó lado un bo pincho. De feito, eles mesmos "saben" que, para poder beber a gusto, é necesario acompañar a cervexa con algo, de ahí que en todas as tabernas teñen na súa carta o famoso "queixo de cervexa" (con un sabor moi forte para min, que non gosto especialemente dos queixos), ou unhas salchicas frías chamadas algo así como "utopenec" (Sasa me correxirá, seguro), que serven con cebola e vinagre, todo acompañado dun pan de centeo moi bo. Mágoa que sexan de pago...

Ía decir que, se acompañasen a cervexa cun pinchiño, a xente bebería máis, pero non sei se iso é realmente posíbel. O normal, é pedir a cervexa en xerras de medio litro, ainda que tamén a sirvan en vasos de 33 cl., escollida segundo o seu grao de azúcar (nós sempre pediamos a de máis graduación, sabiamos mellor), e sentarse cos amigos a falar e beber sen pensar no reloxio. De feito, a ainda que agora xa case non se fai, seica o habitual era sentarse nunha taberna, pedir cervexa, e que o camareiro fose poñendo xerras e xerras ate que o cliente as tapase cos pousavasos, indicando así que xa non quería máis. ¡Qué medo!

Unha curiosidade: nalgúns locais (eso si, previa petición), serven o que alí coñecen como "xirafas": tubos de cervexa de catro litros, cunha pequena billa para que sexan os propios clientes os que se vaian servindo. ¡Menudo perigo! Ahí si que se fai necesario pedir algo para acompañar a bebida; do contrario, corre un o risco de coller o tranvía en dirección contraria, e chegar a quen sabe onde.

E todo a bo prezo. Eu non me parei a comprobar se é certo eso que din de que na República Checa a cervexa é máis barata que a auga, pero si que é máis barata que un café. Ou sexa, que para que todo sexa perfecto, só faltan os pinchos.

Quen sabe se algún día...
Comentarios (3) - Categoría - Polo mundo adiante - Publicado o 04-11-2006 20:03
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Contrariamente á vosa elección, eu son da opinión de que a cervexa de menos contido de azucre (a de menos graduación) gostame moito máis.

Pode que sexa unha preferencia moi personal, pero gostame a cervexa lixeira e amarga. O dulce na cervexa me desagrada. (Belxica está perdida para min polo seu malo hábito de engadir azucre na fermentación).

A Gambrinus é excelente, a Pilsener Urkell (nada que ver ca que se pode beber aquí) ...

E logo nun pedestral aparte#blgtk08# estan as Krusevice... unha maravilla a negra, amarga e lixeira é sinxelamente única (só unha boa Köstritzer pode igualar esta sensación).E a imperial non está nada mal.

Se alguén cae por Madrid, podo indicarlle un par de sitios onde se sirve Krusovice importada semanalmente.

Miña pasion pola Krusovice:
http://www.xmanoel.net/classic/article.a20041208en.html
Esas impresionantes cervexas negras:
http://www.xmanoel.net/classic/article.a20030912en.html
Comentario por xmanoel (05-11-2006 21:28)
2 Por certo, modestamente coñezo ben a fondo as cervexas en Centroeuropa... se algúnha vez repites a viaxe por ahí, algún bo cosello podo dar...
#blgtk08#/> Meu deus, que cacho cervexas hai por alá.
Case que estou por desembarcar alá este Nadal...
De feito despertaches as miñas ganas.
Comentario por xmanoel (05-11-2006 21:30)
3 O costume entre checos e darlle a de 10 grados para saciar a sede do corpo e a de 12 grados para a da alma :) Particularmente a mellor cervexa negra que probei foi unha de Budweiser (cerveza checa, non confundir coa Bud #blgtk08#americana) que estaba de medo. A negra de Krusovice non esta mal pero non destaca especialmente. Iso si, a rubia de Krusovice esta moi por debaixo de outras cervexas checas como pilsner, gambrinus, velvet, budweiser, etc
Comentario por Oscar (20-11-2006 12:32)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal