Preguntábame o amigo
Delokos na pasada
Xantanza se tiña algunha relación con Andalucía, pois vira no blog varias entradas referidas a locais desa zona. Xa lle dixen que non, que foi a casualidade (e un coche novo con aire acondicionado) a que nos levou cara alá dúas veces neste ano. Máis a súa pregunta serviume para lembrar que aínda me quedan uns cantos pinchos da zona do
Cabo de Gata dos que falar.
O Calagrande foi o segundo local no que estivemos no pequeno pobo de
Isleta del Moro. Despois da miña experiencia anterior con unha tapa de nome descoñecido, decidín apostar polo seguro e pedín escabeche, que resultou ser de xurelo. Pero
Makeijan, máis valente ca min, optou polo "espabilao", que veu sendo ese ovo frito con pan que se pode ver na fotografía. Para beber pediramos dúas cañas, polas que nos cobraron 3,20 euros.
O Calagrande semellaba ser un bar de pobo onde todo o mundo se coñece. Igual me engano, pero esa foi a sensación que tiven, xa que foi no único local dos tres nos que estivemos ese día no que nós eramos os únicos de fora, o cal me resultou un tanto curioso xa que se atopa a poucos metros dos outros dous, e os pinchos son do mái xeitoso...
Rúa Corry s/n. Isleta del Moro