El Empalme non é un bar de pinchos. É un deses restaurantes de estrada no que un pode tomar un café ou unhas tapas na barra de paso que vai de viaxe, ou pode sentarse tranquilamente a degustar os deliciosos pratos que con cogomelos prepara Gloria Martín, a cociñeira. Iso si, sempre previa reserva.
Despois de varios intentos,
xantamos alí fai uns meses. E fai un par de semanas volvemos a pasar por alí, esta vez a media mañá camiño de Madrid, Xa na visita anterior
falaramos dos blogs; e de novo saíu o tema nesta ocasión, en canto os donos se deron conta de que lles soaban as nosas facianas.
En canto lle comentei a Gloria o tema do meu blog marchou cara a cociña; e cando nos demos conta, estábanos agasallando co delicioso pincho que podedes ver: un delicioso petisco de foie, con pasta de olivas e escamas de man de buda.
Todo un detalle pola súa parte, e unha grande sorte para nós!