De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

en Chipiona (ou arredores)?
Pois aproveitando que cambiamos de coche, que temos uns días libres, e uns amigos con casa en Chipiona, decidimos votarnos á estrada e darnos unha volta polo sur.

A verdade é que coñecemos algo da zona, de cando fai uns aniños (seis ou sete) visitamos un pouco por enriba Sanlucar de Barrameda, El Puerto de Santa María e Rota. Aínda que daquela viaxe non recordo que nos bares puxeran pinchos de balde, igual me engano e alguén me da unha sorpresa ó dicirme que tamén nesta parte de Cádiz se poden atopar uns bares xenerosos que premian ós seus clientes cuns petiscos coas consumicións.

Esta viaxe vai a ser moi pequena: estaremos en Chipiona (que é onde quedamos a durmir) só tres días (de xoves a domingo), así que pouco tempo haberá para facer descubertas, así que calquera axuda será benvida.

A ver se hai sorte, e nos vemos de pinchos!
Comentarios (2) - Categoría - Alguén me di onde ir...? - Publicado o 28-04-2008 19:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 En El Puerto de Santa María, que vos pilla á man, está Aponiente, un dos restaurantes dos que máis se fala últimamente. Vendo a web o certo é que ten moi boa pinta. E aínda non chegou ós 50 € por menú o cal, sendo discípulo de Andoni Adúriz e#blgtk08# coa presencia mediática que ten, máis vale aproveitalo antes de que cambie.

Se ides ata Cadiz falan ben, tamén en plan moderno, do Baleo.

E pasa polo blog de Joan, De Vinis, que hai pouco que estivo por alá.
Comentario por Gourmetdeprovincias (28-04-2008 20:56)
2 Home, Chipiona non sei, pero se facedes alto en Sevilla podedes probar o lugar que cambiou a vida do de "In Pra#blgtk08#ise of Sardines":
http://inpraiseofsardines.typepad.com/blogs/2005/06/why_sardines.html

Comentario por xmanoel (29-04-2008 18:17)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal