De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Bar Suso

O plan para o xoves santo era o seguinte: chegar a Cuntis ó redor da hora de xantar, dar unha volta polo pobo para atopar eses bos pinchos dos que todo o mundo fala, e pasar a tarde nas Termas. Esta última parte non a puidemos cumprir, xa que cando nos achegamos a preguntar como ía a cousa dixéronnos que, se queriamos entrar, era mellor que a iso das tres e media nos puxeramos á cola ate a hora de apertura... as catro! E como xa temos unha idade, e poucas gañas de pelexar coa xente por un chorro de auga medicinal nas costas, decidimos aparcar isto para outro día.

Pero como xa estabamos alí, e non tiñamos previsión algunha para xantar na casa, non renunciamos á primeira parte do plan. Que empezou, case por casualidade, no Bar Suso, local en aparencia pouco interesante e sen ningún cliente a esa hora, pero do que saía un cheiro bastante apetecíbel que nos empuxou a entrar.

Pedimos uns botellíns de cervexa (un euro cada un) e esperamos impacientes botándolle un ollo ó xornal e outro ó canal de viaxes que estaba sintonizado na tele, cando chegou un pincho de zorza recén fritida! Non sei se é costume da casa, ou que nos viron cara de agradecidos, pero aínda estabamos a dar conta dela cando chegou un segundo pincho, esta vez, de polo da casa guisado. Un luxo, vamos...


Rúa Rosalía de Catro nº13. Cuntis
Situación
Comentarios (3) - Categoría PO.Cuntis - Publicado o 13-04-2008 13:43
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Ola, collin unha das túas fotos para facer un post no meu blogue, precisamente falando do teu e o de Makeijan, agardo que non te importe, levo tempo visitando ámbolos dous inda#blgtk08# que non adoito escribir, pero sempre é unha boa cousa coñecer locais onde tapear ou comer en Pontevedra ou arredores

o dito, un saúdo e graciñas

Comentario por breogain (16-04-2008 15:35)
2 Sempre que cites a fonte non hai problema, por s#blgtk08#uposto... Ah, e moitas grazas polo teu interese.
Comentario por Moraiminha (16-04-2008 19:45)
3 graciñas a ti moraiminha por me d#blgtk08#eixares..

un saúdo
Comentario por breogain (16-04-2008 19:52)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal