De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Avión
Teño que confesar que non son unha persoa especialmente constante, así que para min, chegar ó artigo núnero 50 é todo un logro. Logro ó que, por suposto, non sodes alleos todos os que con máis ou menos frecuencia vos asomades por aquí.

Así que para celebralo, ¿qué mellor que un marisquiño? Foi Miguel Vila quen me descubriu a existencia do Avión. Seica estivo por alí un día, por casualidade, e lle puxeron dous pinchos espléndidos: unha fabada caseira e pisto de calabacín con ovo cocido. E que viu un cartel no que poñía algo así como "e os venres nécora".

Na primeira oportunidade que tiven de ir a Santiago un venres, o primeiro que fixen foi, como é lóxico, ir ó Avión. E puiden comprobar como o que me contaran era certo: de pincho puxéronnos unha nécora a cada un; pero tamén algo de xamón e queixo. Impresionante.

Non deixedes de pasar por alí: e un bar dos de toda a vida, atendido polos donos, e quizais por iso coidan así a atención ó cliente. Bos pinchos a un prezo máis que razoable. ¿Que máis se pode pedir?


Rúa da Rosa nº6. Santiago de Compostela
Situación
Comentarios (4) - Categoría AC.Santiago de Compostela - Publicado o 12-09-2006 18:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Parabéns. E que veñan outros 50. N#blgtk08#on digo anos, refírome ós artigos.
Comentario por A Randeeira (12-09-2006 19:43)
2 Um... eu coñecíao polos pinchos pero pensaba que se chamaba Roma. Está á beira de onde está a parada d#blgtk08#os buses do Milladoiro.
Xa o din as estatísticas, os de Avión son os galegos que millor viven!
Comentario por turonio (12-09-2006 22:14)
3 Ánimo e a p#blgtk08#olo cento.
Comentario por Colineta (13-09-2006 18:15)
4 Vaites! Non coñecía eu este local, e quédame preto da ca#blgtk08#sa. Pois xa sei o que vou facer o vindeiro venres! hehe
Comentario por Suso (07-12-2006 23:21)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal