De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Galiano
Este costume das terrazas no verán, cando o realmente agradabel sería estar dentro dos locais con aire acondicionado, fai que un acabe nos sitios máis insospeitados.

Galiano é a familia de churreiros máis coñecida de Pontevedra, xa que levan toda a vida adicada a facer churros tanto nas feiras e festas como nos seus locais. Penso que agora só lles queda un pequeno bar na rúa Gutiérrez Mellado, onde non sei se entrei algunha vez.

Pero no verán poñen unha pequena terraza, na que ó pasar, vin que o aperitivo que lles poñían ós seus clientes non eran só unhas patacas fritas, senón tamén...unhas gambas cocidas. Hei de recoñecer que foi toda unha sorpresa, ainda que non sei se iso é só no verán, ou tamén no inverno se portan ben cos seus clientes, vou a ter que pasar dentro duns meses por alí.

Se segue aberto, claro, porque se non lembro mal, había un cartel anunciando o traspaso do negocio.


Rúa de Xeneral Gutiérrez Mellado nº4. Pontevedra



Pois finalmente, os antigos donos do Galiano xubiláronse, a agora hai un novo establecemento que aínda non visitei.
Situación
Comentarios (2) - Categoría PO.Pontevedra - Publicado o 26-08-2006 23:50
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Pois se che gusta como pincho un pouco de marisco, non deixes de pasar polo Maty de Vilag#blgtk08#arcía. Atopas cada sorpresa! Claro que tén que che coincidir que o poñan cando ti vaias.
Comentario por ro (27-08-2006 15:48)
2 Hei! Tés un blog moi bó! Eu tamén tiña pensado algunha vez en facer un blog do tema este de ir de tapeo, xa que considero que é un tema interesante e non tiña visto ningún blog adicado a #blgtk08#iso exclusivamente.

Agora xa non é preciso que o faga, o teu é dunha gran calidade e non o daría superado. Parabéns! ;)

Voltarei a miúdo pra informarme! hehe
Comentario por Suso (29-08-2006 14:14)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal