Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes. |
|
Este blog pretende ser unha pequena "guía" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.
A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.
Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.
Vémonos de pinchos...
|
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Borona |
|

O primeiro pincho do ano 2009 foi no Borona. A verdade é que non tiña pensado ir a ningures, pero acabei quedando coa miña amiga Vicki para tomar algo rapidiño e quedamos alí porque queda máis ou menos a medio camiño ás dúas.
Hei de recoñecer que non é o meu sitio preferido: hai sempre moita xente, e o aire está demasiado cargado polo fume do tabaco. Pero ao seu favor, o Borona ten a súa situación, ao final da Rúa Real e ao principio da Praza de Curros Enríquez, e que sempre (ou case, que se está demasiado cheo, igual a algún só lle tocan olivas) poñen un pincho xeitoso, que moitas veces é quente como a min me gusta. Hoxe, á miña amiga, que chegou un chisco antes, puxéronlle guiso de fideos con carne e a min tocoume un montadiño de raxo. Clara e cervexa (terzo), 3,20 euros.
Non, os pinchos non son os da foto. Como dicía, non tiña pensado ir a tomar nada e deixei a cámara na casa. Así que aproveito os callos que nos puxeron a Makeijan e a min fai un tempo, e que andaban por aí esperando a súa oportunidade de saír á luz.
Travesía do Comercio nº3. Ponteveda |
|
|
|
2 Comentario(s) |
|
1 |
Los conozco desde hace mucho tiempo, a los dueños, jeje, y es un sitio muy bueno para ir a tomarse unos vinos, lástima que no es lo mio#blgtk08#, todavía, jaja.
Cuando voy con mi padre, los pinchos suelen ser buenísimos y además originales.
Saludos |
|
|
Comentario por Brugal con Cola (03-01-2009 13:35) |
|
|
2 |
No meu retorno ao mundo do blogomillo non podía deixar de pasar#blgtk08#me polo blogue máis apetitoso que coñezo.
Bon ano 2009. |
|
|
Comentario por Toño Randeeira (06-01-2009 12:31) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|