De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Oasis
O Oasis non é un local que chame á atención a un foráneo á hora de dedicir onde tomar algo en Carballo. Pero cando un está canso, é a hora de xantar, e as primeiras experiencias no pobo non foron especialmente boas, pois un vaise facendo menos esixente.

Así que entramos no Oasis, un bar con apariencia de ser dos "de toda a vida", e o primeiro que nos sorprendeu foi que é para non fumadores. Ou alomenos, así o era no mes de agosto, non sei se seguirá igual a partires do 1 de setembro, data na que acabou a moratoria dos locais para adaptarse definitivamente á "lei anti-tabaco".

O segundo que nos chamou a atención foi unha caricatura de Lucho (que foi quen nos atendeu, e semellaba ser o dono do local, ainda que non teño nin idea...) con Arsenio Iglesias e algúns dos xogadores do Depor: vese que son seguidores dese equipo.

E, o terceiro, e o mellor, que nos puxeron un pincho de callos ¡sen ter que pedilos! Menos mal que ainda quedan profesionais detrás das barras.


Rúa de Fomento nº10. Carballo
Situación
Comentarios (5) - Categoría AC.Carballo - Publicado o 05-09-2006 16:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Si si, viva lucho,

é o xefe e ademais en carballo uns cuantos restaurantes fan sempre unhas xornadas gastronomicas#blgtk08# moi interesantes.

por certo, no oasis teñen un plato do día impresionante, eu comín ahí por traballo algún tempo.
Comentario por juan (06-09-2006 10:11)
2 Sí, é o xefe, e o do Deportivo teno alí porque é desde hai máis de 30 anos, seguido do Depor, sendo socio en varias etapas.
E sí, o local segue a ser de non fumadores.#blgtk08# /> Todos son benvidos alí e sempre hai un sorriso para todo o mundo. Cómese moi bén, e él e mais a sua dona Pilar, fan un traballo fabuloso e da gusto ir a visitalos.
Comentario por un amijo (06-09-2006 20:41)
3 creo que a parte de saudar a lucho por ser tan bo profesional, algo hai que dicir #blgtk08#desa cociña....pq os callos non se fan solos!!!!....digo eu
VIVA PILUCA!!!!
Comentario por unha admiradora da milanesa oasis (07-09-2006 10:42)
4 creo que o "amijo" do oasis casa ala por ribeira o prossimo 1#blgtk08#6 deste mes...non si amijo?

invitasme?
Comentario por admiradora de milanesa oasis (07-09-2006 10:52)
5 creo que o "amijo" do oasis casa ala por ribeira o prossimo 1#blgtk08#6 deste mes...non si amijo?

invitasme?
Comentario por admiradora de milanesa oasis (07-09-2006 10:56)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal