De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Furancho

O outro día, e para poñer fin á unha xornada do curso de poda de viña que estou seguindo co meu pai (el é o mestre, non é que vaiamos xuntos a un curso), fomos a ver unhas parras xa rematadas de podar en Ribadumia, para que eu as vise e puidera comprobar a diferencia entre unhas cepas máis vellas (como son as nosas) e unha nova plantación.

A casualidade quixo que as parras en cuestión estiveran ó ladiño dun furancho, así que con Makeijan tamén unido á excursión, e un amigo do meu pai co que coincidimos á entrada, entramos a tomar uns viños.

Aínda que estabamos en xaneiro, os deuses fixeron que o sol brillase, o ceo estivera completamente azul, e que o furancho en cuestión tivera unha terraciña abrigada do vento na que acampamos.

Non cheguei a entrar, así que non sei se venden algunha outra bebida, máis eu só vin servir viño. De feito, a camareira non paraba de saír da bodega cunhas xerriñas que eu lle calculo como de medio litro, pois daba para catro-cinco viños xeitosos.

O albariño estaba bastante bo; sobre todo, se temos en conta a baixa calidade do viño que poñen a miúdo en moitos destes establecementos, que non en todos (non me veñan agora a bater todos os furancheiros do mundo...). E o pincho que ía caendo con cada unha das tres xerras que nos baixamos axudou o seu a que o viño soubese ben. O primeiro, de xamón e chourizo; o terceiro, peituga de polo empanada en taquiños; e o segundo, que se ve que é o pincho estrela do furancho, unhas luras recén fritidas.

Prezo: 5 euros xerra de albariño e o seu correspondente pincho.

Como descoñezo a normativa de Ribadumia en canto ós furanchos se refire, e para evitar problemas innecesarios, prefiro non dar o nome do sitio, máis calquera que se achegue por alí, a nada que lle pregunte a un parroquiano, o ha de atopar sen problemas.
Comentarios (1) - Categoría PO.Ribadumia - Publicado o 10-02-2008 13:47
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Hola.
Necesito da tua colaboración, si e que queres, non e unha obriga.
Estou facendo un traballo,sobre o tema que plantexo no meu der#blgtk08#radeiro post.
Trátase de atopar un resultado ao problema.
¿queres participar, dandome tua opinión?
Moitas gracias
Elena
Comentario por matematicaspaladaryfogones (11-02-2008 20:48)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal