De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Garum

Agora que ós blogs de temática gastronómica lles están a chover as críticas por parte dos profesionais do sector (gustaríame saber que pasa noutros ámbitos, como o cine ou a literatura, por certo...), lembro unha conversa que sobre esta cuestión tivemos xa algún tempo atrás o Gourmet de Provincias e máis eu.

Estabamos no Garum, un local algo alonxado da ruta dos turistas; pero que de seguro é visitado a miúdo pola xente que vive en Santiago, precisamente por esa maior tranquilidade da que se pode gozar nesa parte da cidade. Nós estivemos un día de semana, antes de xantar, e a esa hora había pouca xente; máis puidemos gozar non so da charla senón tamén do pincho de lombo que vedes. Bastante bo, a verdade. Como xa foi fai algún tempo, non lembro o que nos cobraron, máis non recordo que me chamar a atención por ter un prezo excesivo.

Por certo, que o tema en cuestión será obxecto dun interesante (supoño) debate no Encontro de Bloggers Enogastronómicos que terá lugar dentro do programa do Forum Gastronómico de Santiago o vindeiro 18 de febreiro. Hoxe mesmo se confirmou a asistencia do mesmo Ferrán Adriá a este encontro.

Xa vos contarei o que alí se fale.


Praciña do Penas nº1. Santiago de Compostela
Situación
Comentarios (1) - Categoría AC.Santiago de Compostela - Publicado o 29-01-2008 15:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Sempre que se fala ou se critica, ainda que sexa coa mellor intención, ten consecuencias.
A labor dos críticos, coido que e mirada de xeito diferente a la feita nos blogs.
Eu xa tiven queixas por falar do despiece e preparación dun ave, cousa normal en cociña, e tiven que retirar os comentarios, por parecerme del todo agresivos.
Sempre, poderemos falar, pero #blgtk08#deberemos acatar as consecuencias do dito, e inda por riba, dependendo do traballo que teñamos, poderemos falar ou non, dun determinado lugar, persoa ou calquera outra cousa.
Tes rázón no que falas, pero non lle vexo unha solución sinxela.
PD: perdoa os erros, estoy tratando de aprender galego, estudio coa axuda dun libro e doi por seguro que cometerei moitos erros.
Comentario por matematicaspaladaryfogones (30-01-2008 18:16)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal