De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Café Villadabad
Ó abeiro dos comentarios recibidos, e como ía pasar un par de días a Ferrol, convencían ó meu medio pomelo para desviarnos ate Carballo, aproveitando que era un domingo de mercado.
Seguindo as indicacións que tiña, a nosa primeira visita foi ó bar que está frente ó Carrefour (que xa non está en Carballo, en realidade, senón en Coristanco), pero estaba pechado por obras. Despois, intentamos atopar o Bastián, pero coas indicacións que tiña non fomos capaces, así que en canto pasamos por diante dun bar con bastante xente, aparcamos o coche i entramos a tomar ese ben merecido aperitivo.

O local, situado perto do mercado, chámase Villadabad. En canto entramos, quedamos ben contentos ó ver as tapiñas de callos que todo o mundo estaba degustando, pero cal non foi a nosa sorpresa cando vemos que pasaba o tempo e a nós non nos poñían nada, polo que supuxemos con non pouco disgusto para a finalidade de este blog que as tapas eran de pago e non de balde, como eu pensaba. Pero como era xa a hora de xantar, pois pedimos que nos puxeran unha tapa, que estaba ben boa por certo.

Cando fomos a pagar, atopámonos coa sorpresa, esta vez agradábel, de que a tapa era de balde. Pero xa tiñamos callos no bandullo i era tarde para sacar a fotiño de rigor...

O peor foi o servizo: ¿e que en Carballo só lle poñen o pincho ós do pobo?



Rúa Vila de Negreira nº10. Carballo.
Situación
Comentarios (2) - Categoría AC.Carballo - Publicado o 18-08-2006 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 que pena que non atoparades a de bastián está xusto nos semaforos que veñen de santiago, a 300 metros do villadabade este, pero tempouco fochedes ao mexill#blgtk08#on, nin a cabaña, nina ao lagarto, nin ao quixote, nin á pedra, nin a outroa cuantos, que de seguro che gustarían, que pena.

outro dia será
Comentario por juanjo (22-08-2006 14:01)
2 e a casa collazo (os mellores callos #blgtk08#do pobo) enfrente mesmo da de Bastián
Comentario por 1 (05-01-2007 09:18)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal