De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Praga II

Quen me ía dicir a min que, coa de sitios que me quedan por coñecer, andaría ás voltas por Praga tan pronto outra vez! Pero as cousas son como son, e iste é un destino para o inverno, se un se esquece do frío que che fai quedar sen tento ó tratar de tirar unha foto, ou o xeo no chan que che fai parecer un pato ó intentar andar por riba del.

Praga é unha cidade fermosa, na que che pasan as horas indo pola rúa sen rumbo fixo, e na que en calquera curruncho podes atopar unha boa taberna onde entrar a tomar unha cervexa a un prezo máis que razoábel. Non é o mesmo, claro está, tomar algo nun dos bares dos arredores do Karluv Most, que no barrio de Stodulky, por exemplo, antigo pobo anexionado á cidade non hai tantos anos, nas aforas da cidade, e no que viven os nosos amigos Sassa e Óscar.

En Stodulky pódense atopar locais como o que demos en chamar 24 horas; que en realidade se chama algo así como Fantasie, e que, como é fácil supoñer, ten horario continuado. Así que é a mellor opción para comer ou beber algo a calquera hora do día ou da noite, xogar uns dardos ou un futbolín, ou calquera outra cousa que non faga necesaria unha certa intensidade de luz, pois é tan íntimo que nalgunhas mesas ate resulta un tanto complicado estudar a carta... sobre todo, para dous galegos que non teñen nin idea de checo, e que utilizan a intuición máis que os coñecementos idiomáticos para tratar de pedir unha salchicha con mostaza, por exemplo.

O primeiro de ano, despois de disfrutar do último día das casetas de Nadal na Staroměstské náměstí ou na Václavské náměstí, e de ver os fogos artificiais do día da República dende a fermosa (e carísima) rúa Pařížská, paramos a tomar unha cervexa e unha sopiña neste bar. Pedimos unha sopa de allo (Česnečká) e outra de gulash (gulášová polévka), e aínda que non foron as mellores da nosa vida, fixeron o seu efecto de quentarnos o corpo, e a un prezo máis que razoábel: Gambrinus de barril (medio litro) e cunca de sopa, corenta coroas (menos de dous euros).

Unha curiosidade: non sei se alguén o vira antes, pero á saída do Fantasie hai un pequeno cartel con fotos dos clientes que marcharon (ou intentaron, o meu checo non da para tanto...) marchar sen pagar.
Comentarios (2) - Categoría - Polo mundo adiante - Publicado o 15-01-2008 20:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Maravillosa Praga, ¿verdad?
Yo las sopas de goulash que probé las encontré realmente buenas, sobre todo una en Budapest, en el restaurante Kelpinski, donde además me dieron la receta#blgtk08# y la forma de hacerla.
Los sitios que nombras de Praga, no llegué a conocerlos. Fué una pena.
Pero estuve en otros maravillosos,que me han dejado un grato recuerdo de Praga.
Comentario por matematicaspaladaryfogones (16-01-2008 13:06)
2 Seguro que paseaches por todos esos sitios, pe#blgtk08#ro que o nome en checo despista un pouco, :-)
Comentario por Moraiminha (16-01-2008 18:54)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal