 Fora pon que é unha vinoteca, pero o aspecto interior dista moito do que todos entendemos por un local de este tipo: pouca luz, madeira oscura... máis do estilo dunha cervexería, tal vez. E poucos viños, alomenos á vista.
Eu fun por casualidade o día de San Bieito. Algo vira nos xornais da festa dos callos de Meis, e ainda que non me parece o prato máis adecuado para o verán, como estabamos pola zona achegámonos até alí... ¡dous días tarde! Así que houbo que cambiar de plans para xantar, e acordamos en ir até Barrantes, que non queda lonxe.
E antes de xantar, o aperitivo, e un pincho bastante xeitoso de ensalada de arroz: abundante, sabrosa, moi ben aliñada. Non sei se foi casualidade ou sempre poñen un pincho tan xeitoso; quizais porque non esperaba gran cousa unha vez dentro do local, me sorprendeu tanto, a verdade.
Sinto non poñer o enlace da situación, pero non o atopei por ningures...
Avenida Bouza Martín nº9. Barrantes. Ribadumia |