De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Bodeguilla Anduriña
Ten máis aparencia de restaurante que de bar de viños, pero pasando por diante, e buscando onde tomar algo, vin que os clientes tiñan un pincho que parecía ser xeitoso, así que aló fomos.

Non resultou ser unha mala elección, pois ó lado dunhas croquetas de feituría (si, xa sei que menos da unha pedra...), puxéronnos uns mexillóns en vinagreta xa sen cuncha bastante bos. O malo foi ter que comelos con palillos, en vez de con garfo, así que a ceboliña tivémola que deixar toda atrás. Unha mágoa.

Nós estivemos na barra, pero agora non lembro se, ademáis das mesas do restaurante (do que non podo decir nada porque non teño ningunha referencia del), tamén tiña na parte do bar sitio para sentarse.


Rúa Cardenal Patiño nº27. A Pobra do Caramiñal.
Situación
Comentarios (7) - Categoría AC.A Pobra do Caramiñal - Publicado o 01-09-2006 09:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
7 Comentario(s)
1 a imaxe ten unha ñ e non s#blgtk08#e ve, e ten boa pinta ;-)
Comentario por ana (01-09-2006 09:57)
2 No sitio da foto eu vexo un "x" e xa pense#blgtk08#i que ías falar dun clube que daba tapas.
Comentario por A Randeeira (01-09-2006 16:51)
3 A todo chegaremos, x-ddd. Pero eu vexo perfectamente a#blgtk08# imaxe; voltarei a poñela de todos os xeitos. Grazas.
Comentario por (01-09-2006 18:38)
4 A día de hoxe, Día Nacional de Ceuta, certifi#blgtk08#co que sego sen ver a imaxe no meu portatil.
Comentario por A Randeeira (02-09-2006 09:33)
5 Pois eu sigoa vendo... Probade se a vedes neste enlace: http://w#blgtk08#ww.blogoteca.com/upload/bit/arti/50-2381-a-poboa_anduri%F1a.jpg
Comentario por (02-09-2006 12:11)
6 Espero que agora se vexa ben: pode que o problema era que o nome do arqui#blgtk08#vo levaba un "ñ". Correxino, i espero que se vexa ben. Grazas por avisar.
Comentario por (03-09-2006 11:40)
7 Corre#blgtk08#xido.
Comentario por A Randeeira (03-09-2006 21:35)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal