De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

... en San Cebrián de Mazote, La Rioja, Zamora ou Ponferrada?
Este ano estanos sendo un tanto complicado coller as vacacións: cando lle vai ben a Makeijan, a min complícaseme todo, e ó revés. Así que pensamos en facer unha pequena viaxe por España, aproveitar para visitar a algúns amigos que temos por aí ciscados, e achegarnos tamén ate La Rioja.

Penso que, dos sitios por onde temos en principio pensado pasar, só en Ponferrada (na mesma provincia que León), temos a posibilidade de que nos poñan algún pinchiño. Polo que sei, aínda que fai xa uns anos que non me cadra a ir por alí, en Zamora hai bos pinchos aínda que de pago. E non coñezo mási que pola súa fama ós de La Rioja... tamén de pago.

Igual alguén tivo máis sorte ca min, e me pode dar algunha idea onde atoparme con algún bo pinchiño de balde; o que prometo, compartirei despois con todos vós.

Quen sabe! Igual nos vemos de pinchos...

Comentarios (2) - Categoría - Alguén me di onde ir...? - Publicado o 10-10-2007 13:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 En Zamora boa parte dos sitios de interés están en La Rúa pero, efectivamente, son de pago. Con dicir que as únicas tapas gratis as tomei na cafetería do parador o digo todo. Iso si, para comer ou cear hai dúas boas opcións. Nunha gama máis alta El Rincón de Antonio, estrela Michelin (Menú degustación sobre 45 euros. Non está mal). Máis económico La Rúa, máis ou menos enfrente do anterior. Moi bo o solombo de boi para facer no prato de barro con graxa de oca.

En San Cebrían de Mazote só recordounha cantina na que preguntei pola chave da igrexa. Non tiña moi boa pinta, a verdade.

En Ponferrada dúas opcións, en plan máis moderno Menta y Canela, nun barrio novo. En plan tradicional La Fonda, na praza maior xusto enfrente do Concello. Un piso vello no que cada habitación é un pequeno comedor. Recordo unha estupenda lingua estofada e unhas magníficas faba#blgtk08#s con chipiróns.

En Astorga, que vos pilla de paso, parada obrigatoria para probar as rosquillas de El Pasaje, na praza maior. E xusto enfrente, no baixo do hotel Astur Plaza, hai unha boa taberna para tapeo (de pago). Xusto detrás do concello hai unha boa pizzería e nesa mesa zona, na praciña que hai detrás e á esquerda do concello, La Peseta, que ten fama de servir o mellor cocido maragato de Astorga.

En Benavente, si vos coincide parar, El Ermitaño, outro estrela Michelín. E en Puebla de Sanabria, na rúa principal, casi chegando ó castelo, dúas opcións: algo máis coidada e con toques modernos La Posada de las Misas (comedor sorprendente con estupendas vistas). Tradicional e normaliño pero barato e co aliciente de comer nunha bodega subterránea excavada na rocha La Cartería.

É o que se me ocurre polas zonas que vos pillan de paso.
Comentario por Gourmetdeprovincias (10-10-2007 21:56)
2 Encántanme as túas reportaxes. Onte estivemos cenando no Gamela,e tes razón. As setas están de vicio, en revolto, con xamón. Os calamares fritos tamén moi bós, brandos e dos que non#blgtk08# repiten.

Engadínche ós meus blogs premiados, así que pásate por http:/berta-postres.blogspot.com a recolle-lo teu.
Saúdos gastronómicos: ñam, ñam
Berta
Comentario por berta (22-10-2007 00:46)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal