De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

A Gamela

Un paseo por Santiago sempre é algo agradábel.

Se ese paseo é polos arredores do espectacular mercado de abastos a última hora da mañá dun día de choiva, pois mellor que mellor.

Aínda que lixeira, a choiva serviunos como escusa perfecta ó amigo Gourmet de Provincias e a min para entrar a tomar algo en A Gamela. Non coñecía este pequeno local da zona vella de Santiago, e iso que seica é iso que é un deses bares que leva aberto moitos anos, aínda que agora pasou por uns pequenos arranxos.

Agradécese o pincho quente que nos puxeron, de pan con panceta recén feita; máis como xa tiñamos previsto ir a xantar, non nos atrevemos a probar as setas, que preparadas de diferentes xeitos son a especialidade da casa. Iso queda, como tantas outras cousas, pendente para outro día.


Rúa Oliveira nº5. Santiago de Compostela
Situación
Comentarios (2) - Categoría AC.Santiago de Compostela - Publicado o 28-09-2007 18:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Dame a impresión de que ainda están máis sabrosas na foto que na Gamela.#blgtk08# /> Vou a ver o curruncho do teu compañeiro de fatigas, benditas fatigas.
Comentario por Ninsesabe (10-10-2007 21:34)
2 Acaban de sacar web, donde podreis ver fotos, la carta, etc. Interesante. Os la paso por si#blgtk08# os interesa:

www.agamela.com

Un saudo e a comer cogumelos,
Comentario por Gonzalo Garcia (30-06-2008 18:12)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal