De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Eirado das Margaridas

O Eirado das Margaridas defínese a si mesmo como un restaurante rural. Despois da longa e laboriosa rehabilitación dunha antiga vivenda familiar, Marga e os seus abriron as portas a principios do verán. Aínda que non está ó carón da estrada principal, está moi ben sinalizado, e non hai moita dificultade en chegar a Liñares, que é o lugar de Poio onde se atopa.

Como nos falaran moito do local, pasamos un día por alí a botar un ollo... e a tomar un viño. Viño que, por sorte, acompañaron cun par de anaquiños dunha empanada de xoubas que eu xuraría caseira. É un sitio agradábel marcado polas paredes de pedra e a distribución en diferentes comedores (incluso algún reservado) que o fan moi acolledor.

Aínda non tiven a oportunidade de xantar ou cear alí, pero polo que sei, trátase dun restaurante onde lle dan unha especial importancia ós peixes á prancha e carnes á brasa, e á cociña caseira en xeral.

Imos estrealo xa!


Camiño da Paradela nº5. San Xoan de Poio
Situación
Comentarios (2) - Categoría PO.Poio - Publicado o 19-09-2007 19:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 Tomamos nota. Pero por si vas antes (#blgtk08#que irás...), esperamos o comentario.
Comentario por Ninsesabe (22-09-2007 11:42)
2 Estimados colaboradores,
Chamome Marga, hoxe estaba navegando un pouquiño pola rede e atopei un novo comentario do noso restaurante. É para min un pracer que vos gustase o noso pinchiño. Tendes razón é empanada de sardiñas feita na casa, unha das nosas especialidades.
Gostaríame moito enseñarvos u#blgtk08#n día con calma o local e que provásedes os nosos chipiróns, as xouviñas fritas, os xurelitos en escabeche ou simplemente a tetilla caseira con pan. Éstes son os pinchos que solemos poñer habitualmente cos viños.
Grazas e un cordial saudo

Marga González
"O Eirado das Margaridas"
Comentario por (28-09-2007 17:54)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal