De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Bar Abellá
Ou Abella, a verdade é que non sei cómo se chama en realidade. Avergóñame dicir que non o coñecín durante a miña vida de estudante, se non despois, un día que fun co meu curmán Vicente de cañas. E iso que é un local "de toda a vida" na Rúa do Franco.

Bar de tapas e bocatas. Pero coa consumición poñen un pincho de patacas con carne fritida realmente exquisito. O mellor do local.

O peor é precisamente a cantidade de xente que sempre hai.

Unha curiosidade: un día atopei alí a Chico Ocaña, o líder de "Mártires del Compás", xusto antes de ir ó seu concerto.


Rúa do Franco nº30. Santiago de Compostela
Situación
Comentarios (6) - Categoría AC.Santiago de Compostela - Publicado o 28-04-2006 17:19
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
6 Comentario(s)
1 Parabéns pola iniciativa... guías coma esta fan falla.... moit#blgtk08#as!!!!
('patatillas'? ti ves sendo de Vigo, non é ;) )
Comentario por Raúl (01-05-2006 16:07)
2 Pois non, non son de Vigo, pero sí das Rías Baixas. De tódo-los xeitos, decir que o #blgtk08#concepto "patatillas" é influencia dun amigo de Salamanca. Gracias polo comentario.
Comentario por (01-05-2006 19:32)
3 Ah! A famosa "carne de cocodrilo" do Abellá#blgtk08#, cas suas patacas pingando graxa! Mmmmm...
Comentario por Percheron (18-07-2006 16:57)
4 Este é a hostia! Alí gústame ir a tomar uns viños. Pides un ribeiro e póñenche esa #blgtk08#carne de crocodilo (¿por qué hai tantas cousas que saben a polo?) e estase xenial.
Comentario por Suso (29-08-2006 14:33)
5 ¡Por favor! la foto del Abella lo dice todo, ¿cómo lo puedes recomendar?, es de lo peor de la calle del Franco. El Cibeles es para no entrar y el San Clemente, con camareros muy educados, es muy abundante, pero todo de muy mala calidad. Nada está bue#blgtk08#no, ni el arroz, que sabe a sopa de colegio, ni la empanada, seca y mala, ni los mejillones, puro vinagre, ni el "salpicón", hecho con bonito de lata de las que usan en los cuarteles. En fin, hay que reciclarse un poco antes de aconsejar a los demás
Comentario por Juancar (18-06-2007 19:38)
6 A mi encanta la zona vieja y sus tapas poe es#blgtk08#o destaco el gato negro, O barril y el abellá
Comentario por Santiago (03-04-2008 23:38)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal