É unha mágoa que tendo diante un pincho con tan boa pinta, e que resultou saber ainda mellor, fixese unha das peores fotos. Tedes que perdoar...
Nunha recente visita ó Barbanza, e seguindo case ó pé da letra as indicacións de un
Gourmet de Provincias, estiven en Corrubedo. E como sempre gostei dos bares das lonxas e portos, a miña primeira visita foi para a Casa do Mar.
Hai sitios nos que un se sinte totalmente fora de lugar, como nunha festa na qué so coñeces á persoa que te invita; e así me sentín eu dalgún xeito, porque era evidente que todos os clientes eran coñecidos, se non amigos, entre sí. Pero a amabilidade da dona do bar, e o guiso mariñeiro (fideos con rodaballo, mexillóns e berberechos) que nos puxeron de pincho, fixeron que todo eso se esquecese.
Rúa Torreiro s/n. Corrubedo. Riveira.