De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Casa Pepe
Totalmente descoñecido para mín, senteime na súa terraza por casualidade... e porque vin que poñían un pincho xeitoso, as cousas como son. Un taquiño de queixo e uns mini-bocadillos de salchichón non son como para desprecialos, a verdade.

As vistas á igrexa de San Agustín e á Praza de Abastos son un valor engadido, que fan que Casa Pepe (moi perto do famoso Cabalo Blanco) sexa un lugar recomedabel. E iso, pese a que os prezos, alomenos na terraza, non son módicos precisamente.

Curiosidade: como a terraza está situada en costaneira, as mesas teñen unhas patas máis largas ca outras, para conseguir a horizontalidade e que as cousas non caian. Simpático. Hai que pensar en todo.

Do interior do local non vos podo contar nada, pois nin sequera entrei. Estábase tan ben fora...




Cantón de San Bieito nº5. Santiago de Compostela.
Situación
Comentarios (4) - Categoría AC.Santiago de Compostela - Publicado o 16-08-2006 12:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Comentario(s)
1 Únome á túa recomendación do local, xa sexa na terraza ou dentro. Abaixo teñen c#blgtk08#olgados os embutidos, gardados os queixos... xa podedes imaxinar o ben que ule.
Comentario por a do picho (16-08-2006 14:12)
2 Eu pásome ás veces, no inverno, polo sótano. Non teño recordo de que sexa especialmente caro, así que supoño que, ou ben subiron, ou ben cobran máis en terraza e no verán.

#blgtk08#/> No inverno poñen eses minibocadillos que dis e, ás veces, un pouco de queixo, todo en ración máis que xenerosa, ademais do que che apeteza pedir pagando. Volve en temporada baixa.
Comentario por gourmetdeprovincias (23-08-2006 21:34)
3 #blgtk08#
Comentario por (16-04-2007 20:44)
4 O único "malo" que ten é que sempre é o mesmo....o mesmo,e o mesmo...e acaba aburrindo para os que estamos#blgtk08# en Santiago!! Polo tanto...Os prezos son moi bos para Santiago...vaite polo Franco e ALUCINAS, Colega!!!
Comentario por Uxía (16-04-2007 20:46)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal