De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Cabalo Blanco
Estiven en Santiago para asistir á presentación de galiciagastronomica.com (grazas Miguel pola invitación), e tiven que deixar a deliciosa degustación de productos galegos que serviron nun dos claustros do Hostal dos Reis Católicos para coñecer o Cabalo Blanco antes de voltar á casa. Xa vedes que as suxerencias non caen en saco roto, e fago caso delas en canto podo.

Certo que o pincho é espectacular, non se pode negar: empanada, croquetas, sandwich, e unha ourella ben boa. Relmente bo, sobor de todo a ourella.

Pero tamén hai que decir que, dalgún xeito, esa diferencia cos pinchos de outros bares vai incluida no prezo da consumición: por dúas cañas de pé na barra cobráronnos tres euros con vinte, o que me pareceu bastante caro para esta zona, as cousas como son...



Rúa da Peixeiría Vella nº5. Santiago de Compostela.
Situación
Comentarios (3) - Categoría AC.Santiago de Compostela - Publicado o 30-06-2006 13:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 É un local mui socorrido pola xentiña de Compostela. O conto é que poñen pinchos abondosos, ás veces baixa un pouquiño o ni#blgtk08#vel, bastante alto normalmente. Só poñen pincho coa primeira caña, cousa a ter en conta.
Gostei muito do teu blog.
Comentario por turonio (30-06-2006 22:57)
2 Tes que animarte a coñecer os pinchos que poñen pola miña #blgtk08#terra (A Mariña de Lugo). Encantoume o teu apetitoso blog.
Comentario por A Randeeira (01-07-2006 08:35)
3 Estupendo blog. Seguirei os teus consellos e suxestións en Pontevedra e Santiago. Espero #blgtk08#un estudo de campo serio e detallado da situación en Vigo, verdadeiro deserto do pincho.
Comentario por ramonciño (03-01-2007 23:05)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal