| Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes. |
|
Este blog pretende ser unha pequena "guía" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.
A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.
Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.
Vémonos de pinchos...
|
|

|
| O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Café Willy bar |
|
 Hei de confesar, non sen certa vergoña, que a miña recén estreada miopía me levou a confundir con empanada o pincho de xamón cocido á prancha nunha mesa da terraza. E claro, non é o mesmo (¿quen non gosta da empanada?), ainda que non estaba mal.
O Willy (encántame o nome, non o podo remediar...) está nun lugar privilexiado, na praza do pobo. Ten unha boa e tranquila terraza para cando está bo tempo, pero dentro é un local bastante pequeno.
Eu estiven nun destes días de fútbol a todas horas: dous televisores (un deles de pantalla plana, recén mercado para o mundial) sintonizados en canais distintos para atender a todo o que se emite, non vaia a ser... E iso, para os que o "deporte rei" é só un máis, pode chegar a ser un pouco agobiante.
Praza de España nº4. Porto do Son. |
|
|
|
|
| 4 Comentario(s) |
|
| 1 |
Pois eu non gost#blgtk08#o da empanada :) |
|
|
Comentario por eula (28-06-2006 16:11) |
|
|
|
|
|
| 3 |
Vaia, creo que te fixaches mal pois as tvs de pantalla plana son duas e non unha. As tapas #blgtk08#do willy son das mellores do pobo e o futbol é pra maioria dos seus clientes o deporte rey |
|
|
Comentario por (26-09-2006 20:41) |
|
|
| 4 |
viva a empanada, polbo, ca#blgtk08#rne o caldeiro...
|
|
|
Comentario por nando (01-09-2007 11:07) |
|
|
| Deixa o teu comentario |
|
|
|
|
|