De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Yunque

O outro día estivemos en Santiago para visitar a Isabel e Marcos, cos que non sei nin canto tempo que non estabamos, e ós que boto moito de menos dende que se foron a vivir aló... Como tamén boto en falta aquela semi-competición culinaria que nos marcaramos, e na que uns e outros tentabamos sorprendernos mutuamente cada xoves con algo mellor cada semana.

As obras no piso dos nosos amigos fixeron que desta volta non puideramos gozar do seu bo facer na cociña, así que saímos a xantar. Antes, e como saben desta miña afección polos pinchiños, leváronme a un sitio novo para min: o Yunque.

Este bar atópase na Rúa das Orfas, no mesmo local que antes foi a ferretería do mesmo nome, ben coñecida por todos os composteláns.

O pincho, como vedes na imaxe, é ben xeitoso. Primeiro, puxéronnos unha fonte con calamares e unhas pulgas de chourizo (máis pan ca chourizo, todo hai que dicilo), e ó pouco apareceron cunha tapa para cada un de patacas fritas con xamón cocido e unha salsiña picante. Ben xeitoso...



Rúa das Orfas nº27. Santiago de Compostela
Situación
Comentarios (3) - Categoría AC.Santiago de Compostela - Publicado o 25-08-2007 12:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Despois de dous meses de desconexión, volvo ó tallo e ando de visita polos blogs amijos.
#blgtk08#Así que no teu pareime un pouco para repoñer forzas, e xa me zampei tódolos pinchos do verán...
Comentario por Ninsesabe (13-09-2007 23:14)
2 http://paparevivir.blogspot.com/2007/10/el-yun#blgtk08#que-moi-recomendable.html
Foto roubada?
Comentario por alen (17-10-2007 20:45)
3 tedes que probar un novo descubrimento en santiago, sa rúa de san pedro de mezonzo, o Abrente. Hai que esperar polo tapa, pero se ides #blgtk08#un sábado poderedes alucinar. Non vos digo máis, so que vos acheguedes -e non teñandes concertada cena para despois-
Unha aperta
Comentario por marquitos (02-11-2007 23:25)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal