Aínda que en ningunha das miñas anteriores visitas a Oviedo estivera nun bar que agasallara con pinchiño, pregunteille a uns amigos da cidade se fora casualidade, ou realmente esta non é unha tradición local. A resposta foi que non, ou que polo menos, non se daban conta de ningún no que o fixeran; iso si, que os pinchos de pago da maior parte dos bares eran a moi prezo, cousa que xa puidera comprobar.
De todos os xeitos, o sábado pola mañá, dando un paseo, demos có Punto y Coma. Pareceunos que nas mesas da terraza que todos os clientes tiñan diante un pratiño baleiro... así que todo parecía indicar que pese ó que nos dixeran, igual tiveramos a sorte de atopar un un bar onde si poñían un pinchiño.
Despois de quedar impresionados cun cartel de reservado nunha das pequenas mesas da terraza, entramos a un local grande e cheo de xente. Atopamos un pequeno oco na barra, pedimos a consumición, botámoslle unha ollada por enriba a
La nueva España... e apareceu o camareiro con dous pratiños de
arroz guisado con carne e champiñóns bastante bo.
Pero o mellor de todo foi que, un pouco despois, o mesmo camareiro volveu a vir, esta vez con dous bolos preñados, aínda quentiños, que eran morrer. Non dabamos crédito! Atopar nunha cidade sen tradición algunha de pinchos un bar así é toda unha sorte. E sendo de non fumadores coma iste, moito máis.
Rúa Suárez de la Riva nº5. Oviedo