De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Manix

Axexando a onde se dirixiu un dos clientes da Cafetería Mar, demos co Manix, que nos pareceu certamente un local curioso.

Así, e cando serían aproximadamente as dúas da tarde, había xente (coma nós) tomando o aperitivo. Pero tamén clientes tomando xa o café e xogando a partida de despois de xantar; outros que entraban a selar quinielas e loterías varias. Pero tamén xente que só entraba a por algo moi concreto: empanadillas.

Si, clientes que viñan a mercar para levar desas empanadillas como a que aparece na foto. Ou sexa, que tivemos sorte (cousa que non sempre pasa, todo hai que decilo...) ó elexir de entre os pinchos que nos ofreceron (calamares en tinta, callos e a empanadilla) a especialidade da casa.

O dono do local, ó ver cómo lle facía fotos ás súas empanadillas, comentou non sen certa sorna algo así como ..."de saber que era para unha foto, tería traído unha máis bonita". Pero non facía falta: esta era ben lucida... e estaba moi boa, que foi o mellor.


Rúa Xoan XXIII nº20. Chantada
Situación
Comentarios (3) - Categoría LU.Chantada - Publicado o 26-05-2007 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Empanadilla 2 - Callos 1
(Digoo polo tamaño, pois be#blgtk08#n grande que é a empanadilla comparada ca tapa de callos).
Comentario por xmanoel (27-05-2007 16:18)
2 Si os interesa el mundo de los pintxos echar un vistazo al blog del concurso de pinchos de Bilbao-Bizkaia. Pintxo #blgtk08#del día, noticias del concurso y de otros concursos, rutas de pintxos, recetas, ...

Ya me direís...
Comentario por Maite (31-05-2007 16:50)
3 Moi boa pinta teñen os callos. Supoño que estarían bós. A min as empanadillas s#blgtk08#í que me gustan, e moito, memso ás que, como digo eu, veñen recheas de aire...
Comentario por Ninsesabe (03-06-2007 13:36)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal