De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Barbol

Non penso que haxa dúbida se digo que é o local de moda en Pontevedra. Co título de "Cervecería", e no mesmo local no que ata fai non tanto tempo se atopaba un deses bazares tradicionais da Rúa Real, fai aproximadamente un par de meses que abriu o Barbol.

O que polo seu nome se podía pensar acubillo dos seguidores de O Señor dos Aneis, é un local que aposta forte por ofrecer un bo pincho ós seus clientes. Así se desprende non só da lousa que cada día anuncia os pinchos de cociña e doutra que vin unha das primeiras veces que estiven no local deixando claro que hai pinchos ate as dez da noite; senón tamén dunha especie de declaración de intencións pubricada no seu día en La Voz de Galicia.

Seguindo un bo costume non moi frecuente nesta vila (penso que só en La Roca o fan), é o propio cliente o que pode escoller o seu pincho dos tres diferentes que ofrecen cada día; pincho, ademais, o suficientemente variado como para compracer a todos os padales: orella, ensaladilla, callos, chistorra, lentellas, polo frito, bacaladilla rebozada... e sempre, un pequeno pinchiño de tortilla, co que entreterse mentres non chega o de cociña.

Tamén hai a posibilidade de tomar tapas e racións, que aínda non tiven a oportunidade de catar.

Ah, unha última cousa: á segunda consumición, ó contrario que nalgún que outro bar, tamén lle corresponde o seu pinchiño.


Rúa Isabel II- esquina Rúa Real
Situacion
Comentarios (5) - Categoría PO.Pontevedra - Publicado o 17-05-2007 13:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 Tomamos nota. Paréceme unha idea m#blgtk08#oi boa. A ver se cunde o exemplo.
Comentario por Ninsesabe (20-05-2007 17:04)
2 A verdade que eu tamén o coñezo e é un local agradable, onde se pode escoitar boa música, parolar, e degustar unha cociña de excelente calidade, así o demos#blgtk08#tran as zamburiñas Bárbol, ou os ovos enchidos, ou os choquiños, ou... podería seguir nomeando un sin fin de exquisitos platos. Noraboa e parabens os donos!
Comentario por (10-10-2007 12:40)
3 Non hai dúbida que eses petiscos son do máis rico.Pero non podo deixar de falar das 50 e pico cervexas que se poden disfru#blgtk08#tar, así como as primeiras copas do fin de semana. E todo por un precio incrible, barato, barato, como dirían os marroquís
Comentario por anduriña (10-10-2007 12:43)
4 la comida súper rica, se está#blgtk08# súper a gusto, como en casa.
Comentario por yo (29-11-2007 21:56)
5 O lugar, inmellorable!
A comida, do mellor!
O ambiente, non deixa nada que desexar!

Pero... onde se pode atop#blgtk08#ar o número deste bar para reservar mesa!!!

Páxina web con teléfono de contacto, XA!

p.d: probaremos sorte!
Comentario por x2 (27-12-2008 21:20)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal