Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes. |
|
Este blog pretende ser unha pequena "guía" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.
A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.
Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.
Vémonos de pinchos...
|
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A tasca |
|

É este un bar que lembro dende as miñas primeiras incursións polos viños de Lugo, van xa aló uns ...tantos anos. Así que fago por voltar sempre que podo, e na miña última visita, fai xa uns meses, atopeime coa grata sorpresa (xa me chegaron críticas por iso, pero síntoo: eu non fumo) de que se trata dun bar de non fumadores. Penso que xa comentei aquí que, en comparación con outras cidades ou pobos, en Lugo atopámonos con bastantes bares de non fumadores.
Ou sexa, que agora teño unha razón máis para ir por A Tasca nas miñas vindeiras visitas a Lugo. E digo unha máis, porque os seus pinchiños morunos sempre foron do meu agrado. E conste que con iso non quero dicir que os demais pinchos (fríos e de cociña) non estean bos, pero un é animal de costumes...
E como sempre atopo cousas curiosas neste bar, pois como que me fai gracia seguir indo. Refírome, por exemplo, ó costume da xente de tirar servilletas e palillos ó chan, ou ese outro de deixar os paraugas fora do paraugueiro.
Certo que tamén é un chisco máis caro ca outros, pero paga a pena.
Rúa da Cruz nº3. Lugo |
|
|
|
3 Comentario(s) |
|
1 |
Para ver servilletas, palillos e o que faiga falta polo chan pásate por algún bar dos de sempre de Madrid. Lembro algún onde daban gambas de tapa que diante da barra tiña unha auténtica alfombra de cascas de mariscos.
Respeto do tabaco, xa vai sendo hora de que algún bar prohiba fumar. Para os non fumadores a lei o único que troux#blgtk08#o foi máis fume aos bares, xa que boa parte dos pitillos que antes se queimaban na oficina agora caen no bar. En Santiago e arredores non hai maneira de tomar un café sen dose extra de fume, con excepción das pastelerías-cafeterías, que á forza teñen que prohibir fumar. Teño a sensación de que a lei so serviu para cabrear a uns e outros. |
|
|
Comentario por Colineta (12-05-2007 09:04) |
|
|
2 |
Aquí na Coruña, hai un bareto chamado "O Priorato" onde era típico beber do porrón e tomar cacahuetes. Podede#blgtk08#s imaxinar como estaba o chan! Poñían os cacahuetes directamente na barra e os clientes directamente no chan. |
|
|
Comentario por Pilar (15-05-2007 16:57) |
|
|
3 |
Joder, O Priorato que cita Pilar...Entrei nel por primeira vez creo que#blgtk08# en 1966...¡Xa chovio! E polo que vexo segue co mesmo réxime...
|
|
|
Comentario por Ninsesabe (20-05-2007 17:08) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|