De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Breixo

Para os que non o saiban: Barro tamén existe. E non só iso, senón que tamén neste concello, para moitos descoñecido, tamén hai algunha que outra posibilidade para tomar un pinchiño. Eso si: para ter esa oportunidade é necesario non cruzar o pobo pola autoestrada, como fai a maior parte da xente.

O Breixo é moi bo de atopar, pois está á beira da estrada de Pontevedra a Santiago de Compostela. É o típico bar de pobo, e facía bastante tempo que non ía por alí á hora do aperitivo.

Así que gustei moito de ver que non deixan pasar a oportunidade de atender ben ós seus clientes ofrecendo un pincho á hora do aperitivo. O da foto, é o que nos puxeron un domingo antes de xantar; pero o venres (esta vez sen cámara) tamén me cadrou a pasar por alí, e esta vez o pincho era de ourella. Ben boa por certo, aínda que a algún non lles guste...



Porráns nº4. Barro
Situación
Comentarios (3) - Categoría PO.Barro - Publicado o 06-05-2007 13:53
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 A min tampouco me entusiasma a orella. Ainda que me teño medio reconvertido á ourella estilo castellano (id est, fresca e con allo á plancha). A versión galega e#blgtk08#stá ben se non a cocen demasiado. Se non, éme bastante noxenta.

Iso sí, interesante sitio o Breixo este, non esta mal parara a estirar as pernas.
Comentario por xmanoel (07-05-2007 09:06)
2 A ver, a ver, non me gusta a orella de porco, pero sí TODO o demais, que eso non o dís, que sempre destacades os defectos e non as virtudes, parecedes periodistas...
En canto o xamón, teño que dicir que acostumo (por #blgtk08#prescrición facultativa) a tomar unha caña antes de comer (para abrir o apetito, din os médicos) e no sitio no que me medico (curiosamente chámase A Despensa Galega) póñenme case sempre un pinchiño de xamón como ten que ser.
Comentario por Ninsesabe (07-05-2007 12:49)
3 Que festazas as que se arman no breixo..je,je..
quen eres ti??
#blgtk08#> e que non me entero d na...
eu coñezo a todos os dalí..
Comentario por SANDRA (23-10-2007 18:15)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal