Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes. |
|
Este blog pretende ser unha pequena "guía" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.
A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.
Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.
Vémonos de pinchos...
|
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Xatome |
|

Ei de recoñecer que eu de A Cañiza non sei moitas cousas. Penso que só tiña parado a tomar un café de camiño cara a outro sitio nunha ocasión; así que o primeiro que me ven á cabeza cando se fala deste pobo é o seu xamón.
De camiño a un albergue de Arbo para a despedida de solteiros duns amigos, acordamos en facer unha parada técnica en A Cañiza para xantar algo. Como foi algo improvisado, ó chegar ó centro do pobo aparcamos o coche, e no primeiro bar que atopamos alí nos metemos.
Cal non foi a nosa sorpresa cando, ó pedir unhas cervexas, e mentras pensabamos que tomar, nos puxeron un pinchiño... de mexillóns! Que estaban bos, que conste, pero como que nos chamou un pouco a atención, pois non é precisamente un producto da zona.
Que do xamón igual están cheos, pensei eu despois...
Rúa Progreso nº80. A Cañiza |
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
¡Bendita parada técnica!
Pasa como co pulpo que xa coment#blgtk08#ei: é curioso o ben que o tratan en sitios tan alonxados do mar. |
|
|
Comentario por Ninsesabe (03-05-2007 12:12) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|