De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

en Palas de Rei?
Aproveitando a vindeira ponte (e un agasallo de Reises aínda pendente) vou a pasar dous ou tres días en Palas de Rei e os seus arredores. A idea é pasar dúas noites nunha casa de turismo rural en Palas, e dende aí, aproveitar para coñecer un pouco máis esa zona, pola que sempre pasei de longo, camiño doutros lares.

Tendo en conta que se atopa na provincia de Lugo, tan axeitada para isto dos pinchos, espero que a cousa non teña queixa, pero como non teño nin idea de a onde ir, agradecería as vosas suxerencias. Xa postos, co nome da rúa, ou algunha outra referencia para que os bares me resulten bos de atopar. Se non é moito pedir...

Tamén me serven suxerencias de poboacións cercanas, ou que queden de camiño, que nunca se sabe onde pode estar o bo pincho. Por certo, eu vou dende Pontevedra.

Vémonos de pinchos.
Comentarios (1) - Categoría - Alguén me di onde ir...? - Publicado o 21-04-2007 21:24
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Para pinchos non sei dicir, pero para comer non pode fallar A Parada das Bestas (moi boas críticas en Capítulo 0 e Cocinalia).

En plan caseiro de todo, en Guntín, no alto, á dereita da estrada en dirección Lugo hai un restaurante de toda a vida nunha casa de pedra (coido que se chamaba O Parador ou algo así) no que recordo unha carne asada con pementos antolóxica. Iso#blgtk08# si, foi como hai catro anos, así que non sei se o sitio se mantén ou se dexenerou.

E algo máis lonxe, aínda que igual vos colle de camiño, en Melide intentade facervos cunha bolsiña de Ricos, unhas galletas duras como croios pero que son un auténtico vicio e que son típicas da vila. E se é domingo parade a comprar polbo nun dos postos que poñen na estrada principal.
Comentario por gourmetdeprovincias (23-04-2007 09:07)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal