De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Cafetería Aguas Blancas
Tamén por recomendación de Laconada, o outro día cando andivemos por Vigo fixemos unha visita á Cafetería Aguas blancas, na zona dos Choróns.

Tal como nos dixera, non é un local cunha apariencia moi atractiva: decoración setenteira, e unha distribución en tres niveles bastante curiosa, cunha pranta inferior e outra superior con mesas, e no medio a barra, baixiña nunha parte. Se non fose pola súa recomendación, de seguro que non teriamos entrado.

Seica é habitual que agasallen ós clientes cun pincho xeitoso: pan e queixo ou embutidos cando non teñen ganas (ou tempo) de cociñar; e se hai sorte, algo quente tipo revoltos ou guisos. O día que estivemos nós, puxéronnos unha croqueta para cada un, e patacas fritas con chourizo. Non houbo queixa, non señor.



Rúa Travesía de Vigo nº6. Vigo
Situación
Comentarios (2) - Categoría PO.Vigo - Publicado o 17-04-2007 21:28
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 ¡¡Hummmmmmmmm!!!! levaba uns días sin vir a tomar o pincho e vexo que me#blgtk08# perdín cousas deliciosas. Pero ¡que pinta, lamarmetraje! Cómese solo...
Comentario por Ninsesabe (19-04-2007 00:13)
2 Leo o teu blog, e claro que me serve de axuda! (ainda que o abellá xa o coñecia de fai moito tempo...)
Pensei que bastaría con referenciar o blogue no texto, por eso non puxen o credito da foto (gustabame#blgtk08# mais como quedaba así e pareceume suficiente).
Nembargantes a foto claro que é túa, e engadino ao final. Pido desculpas, xa que non era a minha intención molestar.
Saudos e a seguir de pinchos!!!
Comentario por Seve (19-04-2007 19:11)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0