De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

La bola de cristal
Apenas uns días antes de que o amigo Vivelo me deixara a súa recomendación, estivera eu xa tomando unha caña neste novo local.

E digo novo, pois aínda que está nun sitio adicado ó mesmo dende hai un certo tempo (non lembro como se chamaba pero se non me engano antes os sábados pola mañá poñían callos de pincho), penso que houbo un cambio de donos fai non moito tempo. O nome que agora ten faime supoñer que os que o levan son dos que medraron vendo o mítico programa do mesmo nome na tele os sábados pola mañán...

Igual por iso é un bar de xente nova; pero que non renuncia ó pracer dun bo acompañamento para as bebidas. Como xa adiantou Vivelo: patacas fritas con dúas salsas, unha picante, e outra tipo ali-oli. O mellor, que esas patacas son de verdade, picadas en dadiños, e non das que xa veñen conxeladas. Un bo detalle, co que espero que agora que chega o bo tempo agasallen tamén na pequena terraza que poñen ó final da Praza de Curros Enríquez, e non copien ós que dentro poñen un bo pincho, e fora olivas ou patatillas.


Rúa Don Gonzalo nº2. Pontevedra
Situación
Comentarios (2) - Categoría PO.Pontevedra - Publicado o 14-04-2007 19:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Comentario(s)
1 que é "all i oli" (ajo i aceite)#blgtk08# compañeiro non "ali-oli" jeje
Comentario por oquetencutenmedo (16-04-2007 22:16)
2 Pois home tes toda a razon do mundo,son de verdade as patacas...non son desas conxeladas nin fritidas de mintira ou en bolsa jajajajja e a salsa branca é caseira fanna eles ,está para chupetear os dedos(home xa sei q non e de#blgtk08# boa educacion pero...)eun son de Santiago e me falaran delas uns amigos q estdan ali en pontevedra e este veran fun con eles a eso de buscae piso e fixemos unhas cañitas na bola e coas patacas flipei q boas .Todo un acerto.
Comentario por antonio (21-09-2007 11:03)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal