Teño uns amigos cos que quedo para xantar o último venres dos meses impares dende fai xa uns cantos anos. En realidade, cando institucionalizamos a cousa coincidía que era era par, pero en canto chegamos a agosto acordamos en deixalo para o seguinte mes, e así chegamos a como estamos agora.
Somos dez, e non sempre podemos ir todos, pero quen máis quen menos fai por poder. Somos (esquecérame dicilo) compañeiros de profesión, e algúns tamén compañeiros de traballo. Iso quere dicir,como é fácil supoñer, que somos competencia uns dos outros. Pero aínda así, somos amigos e axudámonos sempre que podemos.
Como non podía ser doutro xeito, sempre que é posíbel quedamos para tomar o aperitivo antes de comer. Desta volta, o local elixido foi a Sidrería Montañés, situada detrás da
igrexa da Peregrina, e que abriu a finais da primaveira pasada. Aínda que non me consta que sexa costume en Asturias acompañar cun pincho de balde, parece que se afixeron a poñelo, o cal é moi de agradecer.
O local é grande, no verán está máis ca cheo, e teñen unha terraza das que mete cobiza, así que adoitan poñer uns trebellos para que a sidra saia a presión. Pero cando non hai demasiada xente, e se un está ben situado, os camareiros escancian a sidra.
Por certo, canto fai que non vou a
Asturies!
Rúa González de Zúñiga nº6. Pontevedra