Esta semana foi tan de tolos, que nin sequera tiven tempo a comentar nada da noite do sábado pasado, na que nos achegamos a Vigo para ver actuar (e xa ía sendo hora!) á nosa amiga
Sole.
Así que aproveitamos a ocasión para chamar tamén a
Xosé Manuel, e coa propia Sole e
Manuel, tomamos unhas cañas e unhas tapas por Vigo.
Xose convocounos no restaurante
O Garfo para tomar a primeira caña, na que nos invitaron a un pinchiño de queixo do país con pan. Non lembro o que nos cobraron polas cañas, e iso que fun eu quen pagou.
Pagou a pena achegarnos ate Vigo. Unha, porque sempre presta compartir tempo cos amigos e facer plans para o futuro. E, segundo, porque tiñamos moitas, pero moitas ganas de ver actuar a Sole, que nos fixo rir un bo anaco, pero tamén nos amosou a súa faceta de contadora de contos, a cal, persoalmente, máis me gustou a min.
Pero ela eso xa o sabe.
Rúa Eduardo Cabello 25, Bouzas. Vigo