Cando voltemos por
O Grove, habemos de facerlle outra visita a Casa Abel, que nos pareceu un dos locais máis populares da Rúa Platería.
E así debe ser, pois uns clientes que entraron despois de nós no bar anterior, chegaron tamén a este pouco antes de que nós foramos saír, e tivemos a sensación de que non era casualidade, senón que coñecían moi ben a zona e sabían a onde había que ir.
De pincho, ovo fritido... ao que só lle faltou que viñera con pan de millo en vez de con pantrigo para ser perfecto.
Non sei se foi a casualidade ou sempre e así, pero aínda que alí non o pedimos, no
Lagar de Platería tamén había ovos fritidos de pincho. Será o ovo, e non ningunha caste de marisco, o prato típico de O Grove?
Rúa Platería nº63. O Grove