Non lembraba eu unha ponte de decembro con tan bo tempo coma o que tivemos este ano, así que aproveitando que estabamos pasando un par de días na
illa da Toxa, un día á hora de xantar decidimos ir dando un paseo ate
O Grove.
Seguindo os consellos do amigo Avelino, achegámonos ate a rúa Platería para tomar uns viños e picar algo, e a verdade é que foi unha sorte ter preguntado, pois penso que sós non teriamos chegado ate alí, aínda que O Grove non sexa demasiado grande.
O primeiro local que visitamos foi
O Lagar da Platería, viñoteca e tapería. Sentamos na barra e pedimos uns viños, que as mesas parecían máis ben preparadas para os clientes que ían xantar. Coa consumición, ofrecéronnos para escoller entre tres pinchos diferentes, e non lembro agora se nos puxeron tamén uns manises ou unhas olivas primeiro; tedes que perdoar, pero fai tanto tempo que non escribía aquí, que ate perdera o costume de ir anotando as cousas.
Como o que nos cobraron, que tampouco lembro certo, pero teño a idea de que era pouco máis de dous euros por viño (Mencía e Rías Baixas).
Rúa Platería nº4. O Grove