As miñas obrigas laborais e familiares impídenme (moi ao meu pesar)sumarme ao homenaxe tabernario que dentro nun anaco terá lugar por diferentes cidades de Galicia (
Santiago,
A Coruña,
Tui,
Lugo) para celebrar o centenario de don Álvaro Cunqueiro.
Como dicía, eu hoxe non podo estar, pero si tiven a sorte de acudir á homenaxe previa que tivo lugar o pasado 26 de novembro en Santiago de Compostela, onde disfrutamos dos pratos e dos textos do máxico escritor. Do que alí pasou xa contaron os amigos
Pantagruel,
Laconada, e o propio
Manuel Gago, un dos organizadores do evento.
A falta dunha cunca de viño a man, o pincho daquel día, un delicioso capón á figueira con verduriñas.