De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Bacanal
A breve visita na procura de pinchos por León tivo un final realmente apoteósico coa nosa visita ó Bacanal. Vale, polo nome pode parecer outra cousa, pero dou fe que é unha boa opción para tomar unha cervexa, acompañada de patacas fritas cunha salsa tipo ali-oli e champiñóns á prancha.

Pola noite, convertese en local de copas, e ben concorrido, por certo.

A cousa empezou cando me atopaba facendo fotos ós pinchos, pois o dono deuse conta e me preguntou todo alporexado: ¿no serás de Sanidad? Tranquiliceino, e alonxeime cos meus acompañantes un pouco da barra ( ateigada de xente)para tomar as nosas consumicións e os pinchos nunha esquina do local. Alí chamáronnos a atención os numerosos carteis de competicións de Loita Leonesa, onde aparecían as fotos non só dos "corros de campeones" (diferentes idades e categorías), senón tamén as dos árbitros. Curioso.

Cando fun a pagar, o dono do local volveu a comentar o das fotos, así que lle contei un pouco por riba a historia deste blog: a miña afección ós locais onde poñen un bo pincho, que me pareceu unha boa idea telos fichados dalgún xeito, que só falaba dos locais que me gustaban por algo... todo o demais que aquí vedes. Entón ¡non me cobraba! dixo, ó que me neguei rotundamente, por suposto. Así que despois dunha pequeno discusión, o bo home colleume os cartos, pero empezou a servir outra ronda de bebidas (eramos catro) e unha dobre de pinchos.

¡Non cabía dentro de min coa emoción.! Era a primeira vez que este blog non me custa cartos...



Rúa Misericordia nº1. León
Situación
Comentarios (5) - Categoría LE.León - Publicado o 31-03-2007 21:11
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Comentario(s)
1 permiteme un inciso, o que normalmente coñecemos por "ali-oli" e que todos o chamamos "ali-oli", é unha salsa de orixen catalá e o seu nome non é "ali-oli"... é "all-i-oli" (all= ajo, oli= aceite e#blgtk08#n catalá. Esta palabra dexenerou pola dificultad de pronunciar a letra "ll" fora de catalunya. E digo eu...porque ao "paseo da castellana" non dicimos..."paseo da casteLana" jejeje.
Saudos
Comentario por oquetencutenmedo (01-04-2007 14:58)
2 De aquí á profe#blgtk08#sionalidade...
Comentario por Colineta (01-04-2007 19:31)
3 pero eu pensaba que non pagabas en n#blgtk08#ingún sitio, que todo eran convites
Comentario por a randeeira (02-04-2007 09:36)
4 Xa me gustaría a min, xa... pero non. Sae todo do meu p#blgtk08#eto, así que o de corresponsal non é tan bo negocio...
Comentario por Moraiminha (02-04-2007 11:29)
5 Visto o visto, non perdo a ilusión. A punto de xubilarme,#blgtk08# vai a resultar que cobrarei un sobresoldo co meu blog...
Comentario por Ninsesabe (03-04-2007 11:20)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal