De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

La competencia Mulhacín
La Competencia Mulhacín é orixinal polo seu nome, pola decoración que dalgún xeito recorda a cultura árabe, e, fundamentalmente, polo seu pincho: pizza. Iso si, unha pizza feita por eles, cunha masa das máis finas e crocantes que teño probado.

Aínda que nunha pequena parte do bar hai mesas onde tamén se pode comer, os seus donos teñen outro restaurante, tamén pizzería, noutra rúa da cidade, o que indica á claras do predicamento de que goza entre os parroquianos.

De feito, o bar está sempre cheo de xente, e achegarse á barra a pedir e a coller o pincho é case imposíbel. De todos os xeitos, nesta última visita que fixemos estaban a piques de pechar, e o camareiro estaba botando un pitillo detrás da barra; algo moi pouco profesional, ó meu entender.

De todos os xeitos, o máis curioso é que se pode entrar dende a rúa Mulhacín, e saír, subindo as escaleiras, por La competencia, e tomando así antes de chegar definitivamente á rúa un pincho distinto nun local totalmente diferente.

Rúa Mulhacín nº8. León
Situación
Comentarios (3) - Categoría LE.León - Publicado o 18-03-2007 11:36
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 A pinta é extraordinaria, e vexo que por León aproveitase ó máximo o terreo#blgtk08#. Pasa como na Galera, en Coruña, que non das salido dun e xa estás noutro.
Comentario por Ninsesabe (19-03-2007 20:57)
2 Pois xa pedirei a túa axuda,#blgtk08# cando vaia por A Coruña...
Comentario por Moraiminha (20-03-2007 16:11)
3 ¡Quen me dera poder axudarche! Pero agora vivo en Ferrol, os tempos da Coruña #blgtk08#fóronse...Claro que en Ferrol tamén hai aljún sitio, pero non coma na Coruña.
Comentario por Ninsesabe (20-03-2007 19:11)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0