De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

La competencia
Coñecía este bar de fai anos, e como quería ensinarllo a Makeijan (que non entendía tanto empeño en ir a un lugar determinado nunha cidade con tantas boas opcións), non sei cantas voltas demos polo laberinto que é o Barrio Húmedo, ata que ó final conseguín atopalo. Máis por casualidade que outra cousa, todo hai que dicilo...

En apariencia, non é un local nada atractivo: unhas pequenas escaleiras nos levan a un local velleiro e pequeno, cunha barra non demasiado grande, e unha diminuta cociña onde, eso sí, preparan un dos pinchos máis farturentos da cidade: patacas fritas con bacon.

Como é fácil supoñer, está sempre cheo de xente, polo que ás veces ten a súa dificultade dar conta á vez da bebida e do pincho, pero paga a pena o esforzo.

O mellor de todo é que se pode saír xa outra rúa; pero antes de chegar a fora, só con baixar as escaleiras, un entra en La Competencia Mulhacín. Ou sexa: dous bares en un, con decoración, personal... e pincho totalmente diferenciados. ¿Quen pode mellorar isto?


Plaza Matasiete. León
Situación
Comentarios (3) - Categoría LE.León - Publicado o 14-03-2007 00:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Comentario(s)
1 Pero que fame me está entrando... Moitos parabéns polo teu blogo. É mo#blgtk08#i entretido, aínda que non lle recomendo a ninguén que estea a réxime.
Comentario por Eu no outro lado (15-03-2007 01:41)
2 Así da justo,menuda lección de economía do desplazamento.

En Coruña había un que daba uns pinchiños de pata#blgtk08#cas fritas con bisté, e ó vela túa foto acordeime de inmediato. Tamén era un sitio todo vello, pero cheo sempre de xente.
Comentario por Ninsesabe (15-03-2007 20:24)
3 Hoxe comentáronme dun par de sitios de pinchos en Santiago que non coñecía e que teñen t#blgtk08#oda a pinta de ser do teu estilo.

Farei traballo de campo e informarei.
Comentario por Gourmetdeprovincias (16-03-2007 21:20)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal