De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

La bicha
Como non podía ser doutro xeito, unha visita pola zona de viños e tapas de León non é completa ata que un se enfrenta a unha boa morcilla leonesa; e para min, a mellor de todas é a que se pode tomar en La Bicha.

Nin sei cantas veces pasamos en dous días por diante do local, e sempre estaba ate os topes. Certo que é un sitio pequeno, moi pequeno. Á esquerda, ó entrar, detrás da barra pódese ver como a morcilla, e algún que outro manxar máis se está a facer na prancha... Non hai nen mesas nen cadeiras (non hai onde poñelas), así que a única posibilidade para apoiar os pratos coas racións é nunha pequena barra de non máis de trinta centímetros de ancho que se atopa pegada á parede á esquerda.

De como conseguimos entrar no local, e as peripecias que nel vivimos xa falou no seu día Makeijan. En canto ós pinchos se refire, puxéronnos un chourizo ó viño de vicio (lástima de pan, de moita menos calidade que o que poñen coas racións, untado en manteiga e á prancha, ummmm), do que demos boa conta mentras esparabamos pola morcilla. O mellor foi que cando pedimos unha segunda ronda de bebidas, aínda que xa estabamos coa ración, voltáronnos a poñer pincho.

Por algo está sempre ate os topes...


Praza de San Martín nº4. León
Situación
Comentarios (1) - Categoría LE.León - Publicado o 25-03-2007 20:12
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Comentario(s)
1 Debo confesar que pola morcilla non dou un paso...Debe ser o da sangue, que o levo mal. De novo estiven nunha escola remota, e alí probe#blgtk08#i as filloas de sangue...Pero porque había que probalas, non por gusto...
O chourizo ó viño, no obstante, sábeme que me consola.
Comentario por Ninsesabe (27-03-2007 19:50)
Deixa o teu comentario
Nome:
Correo: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:

(Introduce o código da imaxe)
© by Abertal