Vimos de pasar a fin de semana cuns amigos en
Palas de Rei, concretamente en
A Parada das Bestas, onde puidemos disfrutar unha vez máis da súa cociña, aproveitando que nesta casa rural, como en moitas outras, están agora co
Outono Gastronómico.
O venres chegamos para a cea, pero o sábado puidemos gozar dun fermoso día de sol para dar un bo paseo, visitar o
Castelo de Pambre ou pasar a tarde no
Balneario cercano.
Xa o domingo, cada un foise indo segundo as súas obrigas familiares o reclamaban. Despois de mercar o famoso queixo de
Arzúa-Ulloa, Guido e Marcela deixáronnos; e os demais aínda demos un pequeno paseo, aproveitando que había mercado, por
Melide. Esperanza e Juan fóronse despois de mercar melindres; pero nós demos unha volta máis con Narciso e Chus para buscar os típicos
ricos (xa non quedaban onde os mercaramos doutra volta). E, como non, para tomar o aperitivo.
Non fixo falta separarse moito do mercado para caer na Cervecería Cire, onde demos boa conta do pincho de ensaladilla que nos puxeron coa cervexa. Un dos poucos sitios, por certo, onde vimos que aos clientes non lles poñían olivas ou
patatillas.
Rúa Principal nº11. Melide