De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

A vaca de viños

O pasado fin de semana, e para celebrar o aniversario da miña cuñada Paula, estiven en Ferrol, cidade á que, por iso de visitar á familia, me achego de cando en vez.

Despois dun xantar do que supoño se fará eco Makeijan, unha deliciosa tarde de gin-tonics e risas, decidimos dar un pequeno paseo pola rúa e tomar unha caña. Por iso da choiva e o cansazo acumulado da semana,quedamos no centro; concretamente, en A vaca... de viños; local que supoño dos mesmos donos que un restaurante da mesma rúa de igual nome.

O que máis me chamou a atención non foi que moitos dos clientes do bar parecían coñecerse entre so (que tamén), senón que o camareiro se dirixise a nós en galego... algo un tanto raro nun lugar onde se lle preguntas a depende que xente por unha rúa non sabe contestar ate que metes antes do nome a palabra calle...

O pincho da foto foi para cinco. O prezo dunha caña, por exemplo, 1,50 euros


Rúa Dolores nº54. Ferrol
Situación
Comentarios (1) - Categoría AC.Ferrol - Publicado o 18-05-2008 00:33
# Ligazón permanente a este artigo
Nicasio Pérez
Seica hai un grupo de hosteleiros de Ferrol que están intentando revitalizar a zona do Porto, un tanto abandonada dun tempo para acá. A vinoteca Nicasio Pérez é un exemplo dos novos locais que están abrindo as súas portas nesta parte da cidade, cunha decoración moderna no interior, e unha agradágel terraza frente ó mar (aproveitando un dos poucos lugares onde ainda se pode ver), é unha boa opción para aqueles que queiran fuxir da tentación que pode supoñer a zona da Magdalena, tan chea de tendas e de perigos para as tarxetas de crédito...

O pincho non é dos máis espectaculares, pero como eu gosto da empanada (xa, xa sei que non a todo o mundo lle gusta, algo que me costa entender, que conste...) non tiven queixa. E os meus acompañantes tampouco, pois demos boa conta dela.



Paseo da mariña nº10. Ferrol
Situación
Comentarios (1) - Categoría AC.Ferrol - Publicado o 19-11-2006 20:38
# Ligazón permanente a este artigo
Mesón A Magdalena
Como o seu nome indica, o Mesón A Magdalena atópase na rúa do mesmo nome, case enfrente da de Pastor, así que ir de un ó outro (non importa o orden) non é unha mala opción para un día de choiva ou frío, por exemplo, ou de moita calor...

Ainda que o coñecín fai un par de anos, non o lembraba ben; e iso, que me pareceu un local do máis agradábel e acolledor, e pola cantidade de clientes que ten é evidente que hai máis xente que pensa o mesmo ca min.

A nós puxéronnos un pincho de lombo do que non hai nada malo que decir (¡faltaría máis!); pero seica non é raro que os venres poñan algo de marisco de pincho, incluídos percebes. ¡Eso teño que velo! E probalo, por suposto, así que amenazo con voltar por Ferrol calquera venres de inverno.

O Mesón A Magdalena é tamén unha boa opción para tomar unhas tapas a un prezo razoable.

O mellor, sen dúbida, esa posibilidade de percebes dos venres, que haberá que constatar empiricamente


Rúa da Magdalena nº94. Ferrol.
Situación
Comentarios (0) - Categoría AC.Ferrol - Publicado o 16-11-2006 23:50
# Ligazón permanente a este artigo
La posada
Non sei se hai alguén que o coñeza polo nome do bar, pois en realidade é coñecido como "a de Pastor". De feito, no fondo do local teñen colgada da parede unha foto da Patagonia coa distancia dende alí ó bar (12000 non sei cantos kilómetros, penso), onde non só aparece o nome do local, senón tamén o do seu dono.

A primeira vez que estiven na de Pastor foi fai un par de anos, e dúas cousas me chamaron poderosamente a atención. A primeria, que nada máis chegar nos puxeron xa o pincho diante (se non lembro mal, era ensaladilla), antes incluso de que pediramos a bebida. A segunda, e non menos importante, que Pastor nos atendeu cantando, pois así se pasa este bo home o día e así é como se comunica cos seus clientes.

A de Pastor está na Rúa da Magdalena, en pleno centro comercial de Ferrol, así que é unha moi boa opción para acabar un día de mercas, por exemplo. O que parece que fai moita xente, pois seica hai veces que incluso hai xente á porta esperando a que abra.

Así que hei de decir que tiña moitas ganas de voltar para alí e comprobar que todo seguía coma sempre antes de incluir La Posada neste blog. Teriades que ver o meu sonriso cando Pastor, ó compás dunha canción de Roberto Carlos ("tantas veces yo pensé volver...") nos deixou enriba da mesa unhas patacas con chourizo e nos preguntou que queriamos de beber.


Rúa da Magdalena nº85. Ferrol
Comentarios (2) - Categoría AC.Ferrol - Publicado o 08-09-2006 16:43
# Ligazón permanente a este artigo
Sidrería Lagar
Ainda que nos dixeran que en Ferrol non é moi habitual que poñan pinchos nos bares, se un ten a sorte de sair por aí con "Richard" comprábase que eso non é certo. Grazas pola túa compaña, déboche unha.

O primeiro sitio ó que nos levou foi a unha sidrería; algo que nos gustou moito xa que hai polo menos un ano que non nos achegamos até Asturias, así que uns bos "culíns" de sidra fresquiños nunha tarde de calor sentáronnos de vicio. Polo menos a min.

E cal non foi a nosa sorpresa cando nos puxeron un dos pinchos máis abundantes dos que tiña visto en tempo: unha boa sardiña asada con pan de millo. A verdade é que me sorprendeu moito, pois cun pincho así, non hai sidra que sente mal. Nin sidra, nin ningunha outra cousa, por suposto. ¿Que mellor inicio para unha tarde de pinchos?

Evidentemente, esa sardiña foi toda unha sorpresa. Porque non podemos esquecer que, segundo onde nos atopemos, xa parece unha maravilla cando nos poñen unha xoubiña de lata. Noraboa.


Rúa da Iglesia nº132. Ferrol
Situación
Comentarios (2) - Categoría AC.Ferrol - Publicado o 31-08-2006 19:31
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal