De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Oasis
O Oasis non é un local que chame á atención a un foráneo á hora de dedicir onde tomar algo en Carballo. Pero cando un está canso, é a hora de xantar, e as primeiras experiencias no pobo non foron especialmente boas, pois un vaise facendo menos esixente.

Así que entramos no Oasis, un bar con apariencia de ser dos "de toda a vida", e o primeiro que nos sorprendeu foi que é para non fumadores. Ou alomenos, así o era no mes de agosto, non sei se seguirá igual a partires do 1 de setembro, data na que acabou a moratoria dos locais para adaptarse definitivamente á "lei anti-tabaco".

O segundo que nos chamou a atención foi unha caricatura de Lucho (que foi quen nos atendeu, e semellaba ser o dono do local, ainda que non teño nin idea...) con Arsenio Iglesias e algúns dos xogadores do Depor: vese que son seguidores dese equipo.

E, o terceiro, e o mellor, que nos puxeron un pincho de callos ¡sen ter que pedilos! Menos mal que ainda quedan profesionais detrás das barras.


Rúa de Fomento nº10. Carballo
Situación
Comentarios (5) - Categoría AC.Carballo - Publicado o 05-09-2006 16:10
# Ligazón permanente a este artigo
Mesón As Viandas
Pese ó disgusto inicial por non atopar os lugares que iamos buscando, e porqué non decilo, pola regular atención que nos deran no sitio anterior, decidimos darlle a Carballo unha segunda oportunidade.

Xa "no centro da vila", entramos nun sitio que nos pareceu nos podería servir non só para tomar un pincho (nas mesas da terraza vimos unhas cazoliñas valeiras que prometían), senón tamén para xantar. Sentamos na barra, pedimos, puxéronnos a bebida... e de novo cansos de esperar polo pincho tivemos que pedilo.

Certo é que nolo puxeron: un guiso de boas alubias. Pero tamén o é que tivemos que escoitar algo sobor do ocupados que estaban...

O peor foi que perderon dous clientes para xantar.




Rúa do Fomento nº22. Carballo.
Situación
Comentarios (1) - Categoría AC.Carballo - Publicado o 22-08-2006 10:41
# Ligazón permanente a este artigo
Café Villadabad
Ó abeiro dos comentarios recibidos, e como ía pasar un par de días a Ferrol, convencían ó meu medio pomelo para desviarnos ate Carballo, aproveitando que era un domingo de mercado.
Seguindo as indicacións que tiña, a nosa primeira visita foi ó bar que está frente ó Carrefour (que xa non está en Carballo, en realidade, senón en Coristanco), pero estaba pechado por obras. Despois, intentamos atopar o Bastián, pero coas indicacións que tiña non fomos capaces, así que en canto pasamos por diante dun bar con bastante xente, aparcamos o coche i entramos a tomar ese ben merecido aperitivo.

O local, situado perto do mercado, chámase Villadabad. En canto entramos, quedamos ben contentos ó ver as tapiñas de callos que todo o mundo estaba degustando, pero cal non foi a nosa sorpresa cando vemos que pasaba o tempo e a nós non nos poñían nada, polo que supuxemos con non pouco disgusto para a finalidade de este blog que as tapas eran de pago e non de balde, como eu pensaba. Pero como era xa a hora de xantar, pois pedimos que nos puxeran unha tapa, que estaba ben boa por certo.

Cando fomos a pagar, atopámonos coa sorpresa, esta vez agradábel, de que a tapa era de balde. Pero xa tiñamos callos no bandullo i era tarde para sacar a fotiño de rigor...

O peor foi o servizo: ¿e que en Carballo só lle poñen o pincho ós do pobo?



Rúa Vila de Negreira nº10. Carballo.
Situación
Comentarios (2) - Categoría AC.Carballo - Publicado o 18-08-2006 12:12
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal