De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Calagrande

Preguntábame o amigo Delokos na pasada Xantanza se tiña algunha relación con Andalucía, pois vira no blog varias entradas referidas a locais desa zona. Xa lle dixen que non, que foi a casualidade (e un coche novo con aire acondicionado) a que nos levou cara alá dúas veces neste ano. Máis a súa pregunta serviume para lembrar que aínda me quedan uns cantos pinchos da zona do Cabo de Gata dos que falar.

O Calagrande foi o segundo local no que estivemos no pequeno pobo de Isleta del Moro. Despois da miña experiencia anterior con unha tapa de nome descoñecido, decidín apostar polo seguro e pedín escabeche, que resultou ser de xurelo. Pero Makeijan, máis valente ca min, optou polo "espabilao", que veu sendo ese ovo frito con pan que se pode ver na fotografía. Para beber pediramos dúas cañas, polas que nos cobraron 3,20 euros.

O Calagrande semellaba ser un bar de pobo onde todo o mundo se coñece. Igual me engano, pero esa foi a sensación que tiven, xa que foi no único local dos tres nos que estivemos ese día no que nós eramos os únicos de fora, o cal me resultou un tanto curioso xa que se atopa a poucos metros dos outros dous, e os pinchos son do mái xeitoso...



Rúa Corry s/n. Isleta del Moro
Situación
Comentarios (1) - Categoría AL.Isleta del Moro - Publicado o 07-12-2008 19:21
# Ligazón permanente a este artigo
Restaurante La Ola

Cando un está de vacacións semella que os días dan para facer unha morea de cousas, como descubrir unha fermosa praia, ou un bo sitio para tomar uns pinchos.

Á praia dos Genoveses chégase por un camiño de terra, polo que na fin de semana só transitan os autobuses que saen de San José, xa que se atopa a un par de quilómetros do pobo. Pero como nós fomos pola semana, levamos o noso coche, así que despois aproveitamos para dar unha volta pola zona.

Así foi como chegamos a Islote del Moro, unha pequena localidade na que atopamos varios bares nos que puxeran un pincho máis que decente.

O primeiro no que estivemos foi o restaurante La Ola. Cunha fermosa terraza con vistas ao mar reservada xa para as ceas cando chegamos, tomamos un par de cañas na barra. Dos pinchos que nos ofreceron, Makeijan optou polo bacallau en tomate, e eu fun de descuberta e pedín tabernero (pensando que era un peixe), que resultou ser unha especie de pisto. Todo, por 3,20 euros.

Outra cousa a favor (para min, xa o sei) deste local é que é de non fumadores.


Rúa Virgen del Carmen nº5. Islote del Moro
Situación
Comentarios (2) - Categoría AL.Isleta del Moro - Publicado o 14-10-2008 13:50
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal