De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Bodeguilla Anduriña
Ten máis aparencia de restaurante que de bar de viños, pero pasando por diante, e buscando onde tomar algo, vin que os clientes tiñan un pincho que parecía ser xeitoso, así que aló fomos.

Non resultou ser unha mala elección, pois ó lado dunhas croquetas de feituría (si, xa sei que menos da unha pedra...), puxéronnos uns mexillóns en vinagreta xa sen cuncha bastante bos. O malo foi ter que comelos con palillos, en vez de con garfo, así que a ceboliña tivémola que deixar toda atrás. Unha mágoa.

Nós estivemos na barra, pero agora non lembro se, ademáis das mesas do restaurante (do que non podo decir nada porque non teño ningunha referencia del), tamén tiña na parte do bar sitio para sentarse.


Rúa Cardenal Patiño nº27. A Pobra do Caramiñal.
Situación
Comentarios (7) - Categoría AC.A Pobra do Caramiñal - Publicado o 01-09-2006 09:34
# Ligazón permanente a este artigo
Mesón O Facho
Despois dunha visita ó mirador da Curotiña, e un paseo polo monte até as pozas no río Pedrás, a miña primeira visita "á vila" da Poboa tivo que ser a un bar; e a sorte fixo que entrara no Mesón o Facho, fácilmente recoñecible porque ten unha porta moi baixiña. Minto: non foi a sorte, senon que estabamos dubidando se entrar ou non noutro sitio, e como xusto vimos sair a un cliente, decidimos axexar a onde iba.

Así que entramos no Facho. Como gosto moito dos guisos, quedei ben alegre cando nos puxeron un pincho de polo con fideos, bastante sabroso; ainda que coa fame que eu tiña, soubome a pouco.

Seica tamén é un bo sitio para tomar unhas tapas, pero a verdade é que non tiven a oportunidade de probalas; para ese día xa tiña outros plans, así que queda pendente.

Un consello: coidado con esa porta tan baixiña. Seguro que máis de un xa deixou os cornos alí.

Praza de Paulino Santos Mieites nº1. A Poboa do Caramiñal
Situación
Comentarios (0) - Categoría AC.A Pobra do Caramiñal - Publicado o 09-08-2006 19:47
# Ligazón permanente a este artigo
Café Bar Nuevo
Como o cliente ó que seguimos ate O Facho, que tan ben nos resultou, saía deste bar, decidimos darlle unha oportunidade. E a verdade é que nos puxeron un pequeno pincho dunha empanada caseira de bonito do melloriño que tiña probado en tempo.

Vaia por diante que a empanada, en case todas as súas versións menos na de peixes grandes, é un dos meus platos favoritos; pero esta era realmente boa, polo abundante do recheo e o pouco aceitosa que estaba. Realmente espectacular.

O malo é que fotografía que fixen non vende o boa que estaba esa empanada; pero é que había unha cliente xusto ó lado que case non ma deixa facer, do moito que se me pegaba para axexar. Agora penso que igual tiven que deixar que fose ela quen a fixera...



Rúa Díaz de Rábago nº8. A Pobra do Caramiñal.
Situación
Comentarios (0) - Categoría AC.A Pobra do Caramiñal - Publicado o 13-07-2006 17:09
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal