De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Hostal As Furnas
Ainda que o pincho non é dos máis espectaculares (manises e millo salgados, e unha ensalada de pasta con mexillóns), o bar do Hostal As Furnas tamén merece o seu recoñecemento.

Está ó pé da fermosísima praia do mesmo nome, case deserta un venres pola mañán: só nós, e algún que outro paseante despistado; así que despois de tomar un pouco o sol (a auga extremadamente fría fixo imposibel o baño) antes de irnos decidimos aproveitar a posibilidade que ofrece o bar do Hostal de disfrutar un pouco máis do mar, tanto coas súas grandes vidrieiras como na súa terraza. Se, a maiores, poñen un pinchiño, a cousa é moito de agradecer.

Seica no Hostal As Furnas é onde se aloxaron Amenábar e Bardem na rodaxe de "Mar adentro", algo fácil de entender, pois ainda que non é un sitio luxoso, a verdade é que a súa situación ó lado do mar vale máis que moitos luxos.


Praia das Furnas. Xuño. Porto do Son.
Comentarios (1) - Categoría AC.Porto do son - Publicado o 04-08-2006 12:04
# Ligazón permanente a este artigo
Café Willy bar
Hei de confesar, non sen certa vergoña, que a miña recén estreada miopía me levou a confundir con empanada o pincho de xamón cocido á prancha nunha mesa da terraza. E claro, non é o mesmo (¿quen non gosta da empanada?), ainda que non estaba mal.

O Willy (encántame o nome, non o podo remediar...) está nun lugar privilexiado, na praza do pobo. Ten unha boa e tranquila terraza para cando está bo tempo, pero dentro é un local bastante pequeno.

Eu estiven nun destes días de fútbol a todas horas: dous televisores (un deles de pantalla plana, recén mercado para o mundial) sintonizados en canais distintos para atender a todo o que se emite, non vaia a ser... E iso, para os que o "deporte rei" é só un máis, pode chegar a ser un pouco agobiante.


Praza de España nº4. Porto do Son.
Situación
Comentarios (4) - Categoría AC.Porto do son - Publicado o 28-06-2006 07:57
# Ligazón permanente a este artigo
O chinto
Fun esperando atopar uns callos dos que me tiñan falado, pero cal non foi a miña sorpresa ó atoparme cunha anchoa caseira; o malo é que fose unha soa...

Agora que este delicioso manxar parece estar en peligro de extinción (algo para min moi preocupante, ainda que apareza como unha pequena nova nun curruncho dos xornais), é unha sorte achegarse ate un pobo de mar e recibir este agasallo. Sobre todo, porque supoño, ainda que non o preguntei, que era preparada na casa.

O Chinto é un bo sitio para tomar unhas tapas (as navallas son espectaculares), de ahí que sexa fácil supoñer que os pinchos tamén os prepara a cociñeira, que semella ser a dona do local. E a implicación na boa marcha do negocio, nótase.


Avenida de Galicia s/nº. Porto do Son.
Situación
Comentarios (0) - Categoría AC.Porto do son - Publicado o 26-06-2006 21:23
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal