De pinchos


Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes.

Este blog pretende ser unha pequena "guí­a" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.

A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.

Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.

Vémonos de pinchos...







Blogastrónomos Galegos

Promociona a túa páxina tamén
Estadisticas y contadores web gratis
Oposiciones Masters







O meu perfil
moraiminhaarrobagmailpuntocom
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 LIGAZÓNS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES
 RECOMENDADOS

Fórum Gastronómico 08: Contos de Cociña co Grupo Nove
O Grupo Nove e PistaCatro foron os encargados de poñer fin para min ás actividades do primeiro día do Fórum. A verdade é que organización non deixou nin un minuto para que os asistentes se puidesen cansar ou aburrir. A voráxine na que nos atopabamos era tal, que apenas falei con Chus e César, Sole, Magago, Gourmet, Colineta ou o mesmo Makeijan en todo o día, así que a crónica das cousas que eu non puiden ver atoparédelas nos seus blogs. Ou nos de Delokos e Garbancita, ós que por fin lles puiden poñer cara e cos que espero ter ocasión de falar máis o luns 18, día dos bloggers no Fórum.

Pero ó que ía... Os cociñeiros do Grupo Nove, seguro que para sorpresa de moitos, foron capaces de rirse da nova cociña, e das críticas máis habituais que reciben por parte dos descoñecedores da mesma. Iso, coa axuda inestimábel de parte dos membros de Pista Catro, que fixeron que o desfile de cociñeiros e pratos non resultase longo nin aburrido para o público que abarrotaba o auditorio.

Cada un dos cociñeiros escolleu un producto estrela para facer ou mostrar ou seus pratos: Xosé Cannas (Pepe Vieira) escolleu a pataca, que mostrou rechea de cocido; Antonio Botana (Pandemonium) o seu famoso polbo cocido o valeiro con xelea da súa cocción; Yayo Daporta (do restaurante do mesmo nome) os espectaculares mexillóns en tempura que tiven a oportunidade de probar fai algún tempo; Marcelo Tejedor (Casa Marcelo) o cafeto caldo e a empanada feita con pan líquido; Juan Crujeiras (A Estación) reivindicou a importancia dun bo pan para acompañar o xantar; Bea Sotelo (tamén de A Estación, e única muller integrante do grupo) tamén quixo lembar un produto autóctono como é o millo corvo; Manuel García (O retiro da Costiña) quixo lembrar cunhas ameixas que en Galiza tamén hai limoeiros; Javier "Taky" lembrou os chicharróns; Pepe Solla (Solla) púxolle a perla a unha ostra á que lle teño que poñer data deseguida; Pablo Romero (Allo e Aceite) ensalzou, como non podía ser doutro xeito, utilizou a cigala de Marín; Gonzalo Rey (El Mercadito) non se quixo esquecer dun prato que a todos nos gusta, os ovos con patacas fritidas; Rafael Centeno (Maruja Limón) utilizou unhas molexas de tenreira; Miguel Campos (A Gabeira) fixo uns bombóns de pataca que quero probar xa; Manuel Chaves amosou unha merluza do Celeiro que invitaba a levala para a casa; e rematou Héctor López (España) cunha espuma de grelos acompañada de cacheira prensada.

Como dicía, toda esta sucesión de cociñeiros e pratos non se fixo longa e aburrida, como pode parecer, senón que foi do máis entretida que vos poidades imaxinar. Foi un espectáculo moi áxil e divertido, que se nos pasou (penso) voando a todos. Notábase que xogaban na casa, e que disfrutan co que fan; tanto, que acabaron todos bailando e dando palmas no escenario.
Comentarios (0) - Categoría - Entre pincho e pincho... - Publicado o 17-02-2008 12:58
# Ligazón permanente a este artigo
Fórum Gastronómico 08: I Concurso de Pulpeiras

A verdade é que participar como xurado nun concurso gastronómico non é tan doado como semella... a ver se me explico!

Eran nove os participantes no concurso. Cando eu cheguei, a iso das catro menos dez, as pulpeiras (aínda que algunhas tamén eran de xénero masculino voume a referir a todos en feminino, xa que así era o nome do concurso...) estaban xa a rematar de cocer o polbo, que tiña unha pinta do máis apetecíbel. O cheiro na sala era realmente bo.

O xurado tiña que valorar catro aspectos: sabor, textura e punto de cocción, aderezo e corte e presentación. E aquí foi onde empezaron os problemas, pois o nivel dos participantes era, como é fácil supoñer, moi bo. De feito, e aínda que non vou a revelar os segredos do xurado, as diferencias nas puntuacións acadadas por todos os participantes non foron significativas, aínda que suficientes para poder elexir á gañadora: Aurora Baranda, do Carballiño.

Por sorte para os asistentes como público (que foron moitos), ó acabar o concurso todas as pulpeiras empezaron a cortar o polbo que acababan de cocer para que non fose o xurado o único en catalo.


Comentarios (0) - Categoría - Entre pincho e pincho... - Publicado o 17-02-2008 11:51
# Ligazón permanente a este artigo
Fórum Gastronómico 08: pincho de fabas

Mentras andaba botando unha man polo stand de Viña Moraima (adega da que son socia), a iso da unha da tarde, empecei a ver como moita xente pasaba por alí cun pratiño de fabas na man e de repente entroume a fame!

Por sorte, as fabas estaban cocéndose alí ó ladiño, onde uns cociñeiros preparaban unhas sinxelas pero realmente boas fabas de Tolosa.

Cocidas aparentemente sen moitos ingredientes máis, acompañábanse cuns cachiños de touciño fritido, e un chorro de aceite de oliva, as fabas estaban realmente boas. E déronme a vida ate case as tres e media da tarde, hora á que, pelexándome co mundo, conseguín tomar algo na barra do bar do Fórum antes de seguir vendo e facendo cousas.

Comentarios (0) - Categoría - Entre pincho e pincho... - Publicado o 17-02-2008 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
Fórum Gastronómico 08: Cata de Aceites DOP Catalunya

Aínda que teño feito algunha que outra degustación de aceites, nunca asistira a unha cata como tal, así que esta foi unha interesante experiencia na que aprendín bastantes cousas.

Como por exemplo, que a cor do aceite non é importante de cara a determinar a súa calidade, cuestión esta que respostou á miña sorpresa ó atoparme na mesa con cinco vasiños redondeados de cor azul,cada un cuberto cun pequeno cristal.

Tamén, que para poder apreciar as súas excelencias, debe estar a unha temperatura de uns 28º, de aí que antes de catar cada un dos aceites tiveramos que quentar cada vasiño na man mentras o remexiamos para que saísen todos os aromas.

Que as fases da cata do aceite son tres: olfativa, gustativa e retronasal. E que cando nun aceite nos chaman a atención ós sabores amargo e picante, quere dicir que é rico en polifenoles, indicio de que é máis beneficioso para a nosa saúde.

E que para cambiar o saber dun a outro aceite o mellor é darlle unha boa chantada a unha mazá e enxugar a boca cun traquiño de auga.

En Catalunya hai cinco deominacións de orixe protexidas de aceite de oliva: Les Garrigues, Siurana, Terra Alta, Empordá e Baix ebre-montsià.
Comentarios (0) - Categoría - Entre pincho e pincho... - Publicado o 16-02-2008 22:00
# Ligazón permanente a este artigo
Fórum Gastronómico de Santiago de Compostela


Aínda que hoxe ten lugar a cea de Inauguración do Fórum Gastronómico de Santiago de Compostela, este abrirá as súas portas ó público mañá 18 de febreiro ás dez horas, e alí estarei!

Todo o tempo que as miñas obrigas profesionais (a ate familiares diría eu...) me deixen libre ate o vindeiro mércores 20, día da clausura, andarei por alí, e farei todo o posíbel por aproveitar ben o tempo. Aínda que se sae un pouco do contido habitual de De Pinchos, penso que pode ser interesante o que alí aconteza, así que intentarei ir contando aquí as miñas experiencias nun foro que semella vai ser tan interesante para os afeccionados á gastronomía.

Ademais, e se non hai cambios de última hora vou a ter o privilexio de ser un dos xurados do I Concurso de Pulpeiras que terá lugar mañá sábado. Algo que se ben me fai moita ilusión, tamén me ten a estas horas en tensión pensando se estarei á altura de xente como Marcelo Tejedor, Mercedes Rodríguez, Xurxo Fernández, Pep Palau e Miguel Vila,que serán os meus compañeiros nesa tarefa de tanta responsabilidade.

Ó meu estado de nerviosismo contribuíu unha conversa desta tarde coa miña curmán Teba, que me preguntou se isto era como nas catas de viños: que o que hai que probar métese na boca, mastigase un pouco, saboréase... e cúspese ó final.

Deus non o queira, pensei!
Comentarios (0) - Categoría - Entre pincho e pincho... - Publicado o 15-02-2008 22:30
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal