Pequena axuda para decidir onde tomar o aperitivo, alí onde te atopes. |
|
Este blog pretende ser unha pequena "guía" dos bares que máis me gustan para tomar o aperitivo; eso si, sempre acompañado dun bo pincho, e fuxindo das tan socorridas "patatillas" ou olivas de baixa calidade.
A miña intención é que o blog estea o máis actualizado posible, e por iso en lugar de recurrir á memoria, vou a ir engandindo locais pouco a pouco, segundo os vaia visitando.
Espero que vos guste; e tamén os vosos comentarios para que a información sexa o máis correcta posible.
Vémonos de pinchos...
|
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Cunqueiro |
|

As miñas obrigas laborais e familiares impídenme (moi ao meu pesar)sumarme ao homenaxe tabernario que dentro nun anaco terá lugar por diferentes cidades de Galicia ( Santiago, A Coruña, Tui, Lugo) para celebrar o centenario de don Álvaro Cunqueiro.
Como dicía, eu hoxe non podo estar, pero si tiven a sorte de acudir á homenaxe previa que tivo lugar o pasado 26 de novembro en Santiago de Compostela, onde disfrutamos dos pratos e dos textos do máxico escritor. Do que alí pasou xa contaron os amigos Pantagruel, Laconada, e o propio Manuel Gago, un dos organizadores do evento.
A falta dunha cunca de viño a man, o pincho daquel día, un delicioso capón á figueira con verduriñas. |
|
|
|
De capóns, queixos e gintonics |
|

Onte comezou a conta atrás para o Nadal, coa feira do Capón de Vilalba, á que teremos que facer por ir algún día. Sobre todo, despois da xornada vivida o pasado 11 de decembro en terras chairegas, perfectamente organizada por Miguel Vila.
Chegados de diferentes puntos, reunímonos en Rábade, para despois dun quentiño café con churros, visitar Capones Aurora, onde coñecemos de primeira man todo o proceso que vai dende a chegada dos pitiños cun primeiro día, ata a súa saída para a Feira de Nadal.
Dalí xa saíran os capóns dos que poucas horas despois dariamos boa conta no restaurante Mesón do Campo, xa en Vilalba, deliciosamente preparado cun recheo de verduras no restaurante Mesón do Campo de Vilalba. Capóns, que foron precedidos dunha degustación de queixos de San Simón de tres curacións: 45, 90 e 180 días. E dun reserva de dous anos e medio, resultado do esquecemento e a casualidade. Por se fora pouco (vese que a nosa fama nos precede), tamén tomamos xamón afumado, boletus á prancha, e revolto de grelos e gambas.
Especial acompañento para os queixos e o xamón foron o pan de Martiñán, do mellor que lembro ter comido na miña vida. E aínda así, quedou sitio para a sobremesa: torta de améndoa de Vilalba.
Si, foi moito comer. Así que dalí saímos dereitiños de volta para Rábade, onde no Hotel Restaurante Coto Real nos esperaba Alejandro Gómez para facernos unha demostración-cata-degustación de gintonics, aproveitándonos da ocorrencia que alguén tivo ao dicir que este combinado é un bo dixestivo.
Por se alguén non o coñece, Alejandro é campión galego de preparación de gintonic orixinal, e foi subcampión de España. Polos nosos beizos pasaron (non levei a conta) unhas dez preparacións distintas, moi diferentes unhas de outras, polo que cada quen atopou a súa combinación ideal.
E dende alí, cada un ao seu acubillo, que a xornada rematou xa entrada a noite.
|
|
|
|
Pontevedra Tapas |
|

Esta é a última fin de semana do Pontevedra Tapas, que como é de supoñer é un certame de tapas no que participan algúns dos bares e cafeterías da cidade. Todas as tapas teñen o mesmo prezo (1,50 euros), e despois de probalas, pódese votar para elixir a mellor, pois aínda que hai un xurado profesional, hai tamén un premio do público para a mellor tapa.
E digo tapa, que non pincho, pois polo pouco que puidemos ver (somos pais dun neno pequeno que non queremos que se afume antes de tempo, e xa recurrimos dabondo aos avós), a maior parte dos locais presentan ao concurso unha pequena tapa, bastante maior que os pinchos de cortesía de sempre. Costume este, por certo, que espero non se perda, xa que non é incompatíbel ofrecer ao cliente un petisco de balde, con darlle tamén a posibilidade de degustar algún pequeno bocado, como os que se presentan a concurso.
Na foto, o sushi Maqui A de A Maquía. Por que este e non outros que tamén me gustaron moito? Pois porque está moi bo e o cociñeiro, Angelo, é amiguete. As cousas como son... |
|
|
|
Casa Checho |
|

Aínda que nós non puidemos achegarnos a Ons o 30 de outubro (cousas da mar), os seus manxares non quixeron que pasaramos sen coñecelos, así que Lola e a súa familia achegáronse ata Noalla para que puideramos probalos.
Dado que estamos en pleno outono, que mellor que un bo cocido con bolos do pote (con nébeda)? Del demos boa conta como prato principal, pero antes, probamos unha deliciosa empanada de millo de zamburiñas, un polbo á feira no seu punto de cocción (algo nada fácil de atopar) e... uns percebes espectaculares, unha das miñas debilidades culinarias (si, xa sei que teño unhas cantas...), e que chegaron á mesa da man de quen os pescara unhas horas antes. Que máis se pode pedir? Pois unhas sobremesas tamén caseiras, e non menos boas que o resto dos pratos: torta de queixo, empanada de mazá e bandullo.
Pero antes de todo este festín, tivemos a oportunidade de probar as baby leaves que cultivan en Finca de los Cuervos de man dun dos artífices deste proxecto; toda unha sorte, xa que os seus clientes son hosteleiros, e para simples afeccionados á cociña non é fácil chegar a este produto. O viño (Pedralonga) que Santiago trouxo para acompañar as súas verduras foi o que nos acompañou na primeira parte do xantar.
E cortesía do Gadis de Vilagarcía, foron as xenebras coas que fixemos dixestión de tan fabuloso banquete.
Gracias, Mónica, pola organización, que a un temporal aínda ninguén tivera que enfrontarse.
Coma sempre, xa o contaron outros antes ca min: Colineta, Capítulo O, Another Cow in the corn, La cocina de Lechuza, Laconada e La caja de los hilos. Pero aínda queda algún máis... |
|
|
|
Rumbo a Ons |
|
O vindeiro 30 de outubro, tomaremos rumbo a Ons, para celebrar alí a nosa XIII Xantanza. Para celebrar a nosa chegada ao Facebook, pareceunos unha boa idea compartir esa xornada cos amigos que nos len.
Así que xa sabedes, se a alguén lle apetece asistir a unha degustación de produtos de Finca do Corvo a cargo de Javier Olleros durante a travesía, visitar a illa, darse unha homenaxe (percebes incluidos), e falar moito de gastronomía, pasade pola nosa páxina do facebook, que alí tedes todos os detalles para poder acompañarnos na que promete ser unha xornada memorábel.
|
|
|
|
|
|
|
|
|